Narón mantén aberta unha bolsa de emprego para Técnico/a de Prevención de Riscos Laborais

O Concello de Narón mantén aberta unha bolsa de emprego para cubrir postos de Técnico/a de Prevención de Riscos Laborais (A2) mediante concurso de méritos, co obxectivo de reforzar o equipo municipal e garantir unhas condicións de traballo seguras nas distintas áreas do Concello.
 
 
Para participar nesta convocatoria, as persoas interesadas deben contar cun grao universitario e un máster en Prevención de Riscos Laborais ou titulación equivalente, dispoñer do permiso de conducir tipo B e acreditar un nivel CELGA 4 de galego. O procedemento desenvolverase mediante concurso de méritos, valorándose a formación e experiencia relacionadas coa prevención de riscos laborais.
 
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de febreiro de 2026, e as solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Narón (https://sedeelectronica.naron.es/), onde tamén se pode consultar toda a información sobre requisitos, baremos de puntuación e procedemento de selección.

Lea también

Os Mércores de Cine de Narón abren 2026 cun ciclo dedicado ao cinema español camiño dos Goya

O Cineclube Serie B Cidade de Narón pon en marcha o primeiro ciclo dos Mércores …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *