Narón estrea canle de difusión en WhatsApp para achegar información municipal á veciñanza

O Concello de Narón vén de activar unha canle de difusión en WhatsApp coa finalidade de facilitar á veciñanza información municipal de maneira directa, rápida e fiable. Esta ferramenta, que complementa o perfil Novas Narón, está pensada para mellorar o acceso da cidadanía á información de interese xeral do municipio.
 
A través desta canle, as persoas usuarias poderán recibir avisos sobre a axenda cultural e de lecer, campañas municipais, prazos de inscrición en actividades e programas, cortes de tráfico, iniciativas sociais, servizos públicos e outras novidades relevantes para a vida diaria en Narón.
 
Esta nova vía de comunicación presenta importantes vantaxes, xa que permite ao Concello transmitir información oficial de forma inmediata.
 
Ademais, garante contidos contrastados e actualizados, nun formato áxil e accesible desde o móbil, unha ferramenta de uso cotián para a maioría da poboación.
 
Ao tratarse dunha canle unidireccional, só o Concello pode emitir mensaxes, o que asegura unha comunicación clara, sen saturación e centrada exclusivamente en información útil para a veciñanza.
 
Como seguir a canle de difusión do Concello de Narón en WhatsApp A incorporación á canle é totalmente gratuíta e non require facilitar datos persoais.
 
Para comezar a recibir as actualizacións oficiais só hai que seguir estes pasos: • Acceder á ligazón da canle a través deste enlace:
 
https://whatsapp.com/channel/0029Vb6w9e4AjPXQbgNuw62Q • Ao premer nel, abrirase directamente a aplicación de WhatsApp coa información da canle. • Pulsar no botón “Seguir”.
 
Activa as notificacións para non perder nada
 
Unha vez realizada esta acción, a persoa usuaria comezará a recibir as publicacións do Concello. Para non perder ningún aviso importante, recoméndase activar as notificacións desde o menú da propia canle, premendo na icona da campaíña situada na parte superior. Con esta iniciativa, o Concello de Narón reforza o seu compromiso cunha comunicación máis próxima, transparente e eficaz, adaptada ás novas formas de acceso á información e ás necesidades da cidadanía.

Lea también

Os Mércores de Cine de Narón abren 2026 cun ciclo dedicado ao cinema español camiño dos Goya

O Cineclube Serie B Cidade de Narón pon en marcha o primeiro ciclo dos Mércores …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *