La Real Filharmonía de Galicia ofrece en Ferrol un concerto protagonizado por la directora Johanna Malangré

A actuación terá lugar no Auditorio de Ferrol. As entradas están xa á venta na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla.

O primeiro concerto sinfónico de Ferrol en 2026 cubrirá a cidade naval do espírito musical das Impresións nocturnas,de tres grandes compositores do último século e cuarto: Maurice Ravel, Mary Howe e Gabriel Fauré.

Da man da Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Real Filharmonía de Galicia (RFG) encherá o Auditorio este  vernes 23 ás 20:30 horas, coa beleza, a serenidade e a enerxía das grandes cidades na noite a través da música, cunha directora convidada excepcional á batuta, a alemana Johanna Malangré, e coa promesa rumana do piano Alexandra Dariescu, a cargo do impresionante Concerto para piano en Sol Mayor de Ravel.

A proposta da orquestra compostelá con este programa, Impresións nocturnas, é mergullarnos en distintos momentos musicais arredor da noite, compostos por diferentes artistas de referencia ao longo de algo máis dun século de música.

O concerto comezará coa estrea absoluta da breve obra Recurrance, un encargo da RFG á compositora mallorquina Lula Romero, dentro do chamado “Proxecto Cometas”, a través do cal, durante toda esta tempada se están a celebrar os primeiros 30 anos da orquestra cunha serie de pequeñas composicións de distintas creadoras do noso tempo.

A continuación, chegará o mundo evocador e impresionista de Maurice Ravel, con dúas das súas obras máis emblemáticas. De entrada, unha breve peza de xuventude, la Pavana para una infanta difunta, composta cando estaba a rematar os seus estudos no Conservatorio de París, co seu mestre Gabriel Fauré a quen se escoitará tamén ao final do programa. A obra pretende evocar unha recepción oficial nunha imaxinaria corte española.

A terceira composición é, unha das máis emblemáticas do autor Maurice Ravel, o Concierto para piano en Sol mayor, influído pola viaxe de Ravel a Nova York e marcado desde o inicio polo espíritu do jazz, toda unha exaltación da natureza pianística que se verá desatada nas mans da pianista rumana Alexandra Dariescu.

Na segunda parte do programa, en contraste, o ambiente volverase reflexivo e sereno, coa música contemplativa de Stars da compositora e pianista estadounidense Mary Howe. Esta obra da autora virxiniana, que non se interpretara nunca antes en España, foi composta en 1927, froito das impresións que a noite estrelada deixou tantas veces no espírito da artista, e que naceu tras largas noites contemplando o ceo desde o seu soportal.

O concerto concluirá coa suite da súa música incidental para a peza teatral Pelléas et Mélisande de Gabriel Fauré, quen, ademais de pedagogo e profesor de compositores como Ravel, entre outros, foi pianista, organista e un dos grandes creadores musicais da Europa do seu tempo.

A duración aproximada do concerto é duns 80 minutos e as entradas poden mercarse ao prezo de 16 euros e 5 euros para socios na billeteira do Jofre e na páxina web de Ataquilla.

Lea también

En la tarde de este viernes, atractivo concierto de órgano en la concatedral de San Julián

La Asociación de Amigos del Órgano de San Julián continúa dando pasos firmes en su labor de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *