Cedeira, Burela e Viveiro sede dos obradoiros sobre o programa de axudas do GALP A Mariña Ortegal

Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto.

Porto de Cedeira. Archivo- julio 2025

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.

Estes espazos pretenden dar as claves para a elaboración dun bo proxecto, proporcionando información sobre a estratexia do GALP e o procedemento administrativo de concesión de axudas. Diríxense ao tecido empresarial do territorio, con especial fincapé nas entidades do sector pesqueiro, e tamén a concellos, asociacións ou outros colectivos e persoas interesadas da zona pesqueira.

Os xornadas vanse a desenvolver nos seguintes días e localizacións:
1. Burela. Salón de Actos ABSA Porto Pesqueiro. Martes 27 de xaneiro de 2026 de 16:30 a 19:30 horas.
2. Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 29 de xaneiro de 2026 de 10:30 a 13:30 horas.
3. Viveiro. Salón de Actos Puerto de Celeiro. Venres 30 de Xaneiro de 2025 de 16:30 a 19:30 horas.

O programa de traballo centrarase en abordar os seguintes contidos:
1. A estratexia do GALP e o proceso de valoración e selección dos proxectos.
2. O procedemento administrativo de concesión de axudas: operacións financiables, requisitos, documentación necesaria, fases do procedemento,…
3. Aspectos prácticos na cobertura da memoria do proxecto e o plan económico.

O obradoiros ofrecerán unha visión práctica para que os potenciais promotores teñan as ferramentas necesarias para que os seus proxectos acaden financiamento do FEMPA. Para obter máis información, pódese contactar co GALP A Mariña-Ortegal, no 982 563 355 e na dirección galp.marina.ortegal@xunta.gal  

Lea también

Herido grave un trabajador de una auxiliar en Navantia-Fene

La jornada laboral de este viernes se ha visto manchada por un accidente laboral ocurrido …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *