Ferrol en Común insta á reparación inmediata da avenida de Compostela

A través dun comunicado Ferrol en Común expresa o seguinte «levamos insistindo meses, na comisión de urbanismo que se celebra os mércores, na necesidade urxente de acometer a reparación dunha das vías de entrada á cidade, dende as estacións de transporte público de trens e autobuses, a avenida de Compostela, que está a supor un risco grave, evidente e notorio para os peóns que transitan pola mesma».

«A día de hoxe, basta a mínima choiva, para que un río de lodo e residuos ocupe toda a beirarrúa, obrigando aos viandantes a transitar pola estrada, nunha vía de paso ineludible para achegarse dende as estacións públicas ao centro da cidade, poñendo en perigo a súa integridade física e, en consecuencia, ocasionando un colapso de tráfico reiterado».

«O goberno local non pode escudarse na futura reurbanización do Sánchez Aguilera para mirar para outro lado, e debe resolver un problema que require dunha actuación urxente, toda vez que esa solución, de chegar, é a moi longo prazo».

Dende Ferrol en Común «instamos a unha reparación por un contrato de emerxencia que, cando menos, canalice as augas pluviais e faga transitable as beirarrúas, poñendo fin a un problema que se vén mantendo no tempo, antes de que se provoque un accidente de gravidade polo desleixo do goberno local».

Lea también

Psoe Ferrol denuncia la política urbanística del gobierno local tras la licitación de las obras en la carretera de Castilla

El grupo municipal del PSOE en el Ayuntamiento de Ferrol, a través de su concejal …