O mellor campo a través e a mellor ruta, celébraranse en Galicia no 2027

A Xunta de Goberno da RFEA reuniuse en Madrid para facer balance do ano 2025 e para tratar entre outros asuntos, as distintas sedes que acollerán os Campionatos de España para o ano 2027.

Fuente Federación Galega de Atletismo FGA

Durante as designacións, o Presidente da Federación Galega Iván Sanmartín tiña como cometido defender as designacións e racadar os apoios suficientes para a celebración de dous importates campionatos, obxectivos que finalmente, e logo de convencer ao resto de membros da Xunta de Goberno, lográbase conseguir.

Importantes campionatos en campo a través e ruta

O primeiro campionato que abrirá practicamente o ano 2027 e que poderemos disfrutar,  será o Campionato de España de cros Individual e por Federacións que no mesmo fin de semana se estará celebrando xunto ao Campionato de España de Campo a Través Sub-18, Sub-16 e inclusivo por Seleccións Autonómicas cuxa sede será o Concello de Ribadavia. Esta importante cita, que reunirá aos mellores atletas e Seleccións de campo a través de España, celebrarase os días 23 e 24 de xaneiro de 2027 no Circuito de A Veronza.

Esta designación súmase as seis edicións celebradas con anterioridade na nosa comunidade sendo a última delas a que acollía no ano 2010 o Circuito de A Torre de Hércules na Coruña. Vigo nos anos 1930 e 1958, Fene no 1985, Ourense no ano 2000 e  O Burgo no 2001, foron o resto de concellos organizadores.

Outro dos puntos que terán en Galicia o seu centro de atención, será o que aconteza en A Coruña durante a celebración do Campionato de España de Ruta e que xunta as distancias de Milla, 5K e Medio maratón, con data ainda por definir.

Este formato que engloba estas tres distancias nun único campionato desde o ano 2023, é a primeira vez que ven parar a Galicia, malia que precisamente A Coruña  no ano 2014, xa organizaba un campionato de España de Media maratón xunto ao Concello de Marín quen facía o propio cun campionato de España en milla no 2016.

O presidente da FGA Iván Sanmartín, quen se mostraba moi satisfeito apuntaba a que «Estos dous importantes campionatos poñen en valor a gran capacidade organizativa do atletismo galego que desde fai anos sitúan á nosa federación á cabeza en canto a xestión e organización de eventos de primeirísimo nivel. Todo elo non sería posible sin a colaboración das institucións públicas tales como  a Xunta de Galicia e as catro deputacións, nin por suposto, sin o compromiso e determinación dos distintos Concellos que como os de Ribadavia e A Coruña neste caso, apostan decidida e abertamente por facilitar e favorecer este tipo de eventos tan importantes para o noso atletismo e por extensión para todo o deporte galego»

Lea también

Náutico de Narón tras una gran actuación de sus nadadores se pone líder de la segunda división

El Náutico de Narón después de una gran actuación de sus nadadores se pone líder …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *