A banda ‘Merino’ ofrecerá un concerto acústico nas Pontes o 27 de febreiro

A banda madrileña MERINO actuará nas Pontes o próximo 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi, dentro da programación cultural impulsada polo Concello. As entradas teñen un prezo de 10 euros e xa poden adquirirse a través da plataforma aspontes.sacatuentrada.es.

Fuente Concello de As Pontes

Esta actuación enmárcase dentro da programación municipal deseñada para o primeiro semestre do presente ano, que ten como obxectivo consolidar unha oferta cultural estable, de calidade e accesible á cidadanía, incorporando propostas musicais de referencia no ámbito estatal e estruturas de programación habituais en cidades de maior tamaño.

MERINO, integrado por Sandra Merino e Álex Gallego, presenta nas Pontes o seu formato acústico, no que se pon de manifesto a esencia e a dimensión máis íntima das súas composicións. Tras a publicación do seu último traballo discográfico, El Bosque, producido por Santos&Fluren, e tras acadar importantes fitos como o cartel de “entradas esgotadas” na Sala do WiZink Center, a formación consolidouse como unha das propostas emerxentes salientables dentro da escena musical española actual.

O concerto previsto nas Pontes permitirá ao público coñecer unha proposta artística caracterizada pola calidez vocal, a proximidade co espectador e a arquitectura instrumental depurada, elementos que definen o formato acústico de MERINO e que teñen contribuído ao seu recoñecemento por parte de crítica e público.

Desde o Concello das Pontes sublíñase que a inclusión deste concerto responde ao compromiso municipal de ofrecer unha programación cultural diversa, actual e orientada a fortalecer o acceso da cidadanía á creación contemporánea, incluíndo artistas consolidados e novos proxectos musicais de interese.

Lea también

En la tarde de este viernes, atractivo concierto de órgano en la concatedral de San Julián

La Asociación de Amigos del Órgano de San Julián continúa dando pasos firmes en su labor de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *