Valdoviño investiu os fondos de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios da Diputación no SAF e contratación de persoal

A subvención procedente da Deputación a través desta liña de axudas incrementouse nun 26% durante o pasado exercicio.

A través do Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios que promove a Deputación da Coruña, o Concello de Valdoviño recibía 90.400 euros durante o 2025 que contribuíron a financiar o Servizo de Axuda no Fogar SAF na modalidade de libre concorrencia e gastos de persoal propios do departamento municipal de Servizos Sociais.

A institución provincial incrementaba a axuda en preto de 30.000 euros respecto ao ano anterior, un 26% máis.

Deste xeito, o apoio da Deputación permitiu ao Concello dirixir unha partida de 50.400 euros á atención dos veciños e veciñas dependentes a través do SAF, reducindo a aportación que a Administración local debe realizar cada ano para soster unha competencia que non é municipal.

Ademais, os fondos tamén se destinaron a reforzar o equipo de traballadoras dos Servizos Sociais, destinando 22.000 euros a financiar parte dos custes do contrato da educadora familiar, e 18.000 euros, da auxiliar administrativa.

Lea también

A alcaldesa de Fene traslada ao Congreso e ao Parlamento Galego a necesidade de reforzar o futuro industrial de Navantia recuperando o sector naval

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, realizou unha visita institucional ás instalacións de Navantia Fene …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *