No GALP Golfo Ártabro Norte lanzan un curso gratuíto de emprendemento, dentro do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca & Turismo, xunto cos oito GALP galegos, dirixido a profesionais do sector pesqueiro que queren dar o paso cara a novos proxectos.

No marco do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca & Turismo 2025-2026, o GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un curso gratuíto de formación en turismo mariñeiro e pesca-turismo, dirixido a profesionais do sector pesqueiro interesados en diversificar a súa actividade e poñer en valor o seu coñecemento, oficio e patrimonio mariño-pesqueiro.
O principal obxectivo deste curso é que as persoas participantes sexan capaces de deseñar e explicar unha experiencia turística propia, segura, sostible e adaptada á súa realidade local.
Características da formación
-
Duración: 20 horas repartidas en 5 sesións presenciais de 4 horas cada unha.
-
Horario: consensuado coas persoas participantes para compatibilizar coa actividade profesional no mar.
-
Metodoloxía: práctica e participativa, combinando explicacións claras, exemplos reais, dinámicas de grupo e aplicación directa á realidade de cada participante.
Contidos principais
-
Turismo mariñeiro e pesca-turismo: marco legal, papel do profesional do mar e exemplos de experiencias.
-
Sostibilidade pesqueira: boas prácticas, mensaxes ambientais e valorización do produto local.
-
Interpretación do patrimonio: habilidades comunicativas, perfil do guía intérprete e adaptación a diferentes públicos.
-
Elaboración dunha visita guiada: planificación práctica do percorrido, normas de seguridade, tempos, paradas interpretativas e recursos a empregar.
-
Exposición e práctica: simulación da experiencia turística completa, revisión e retroalimentación do grupo.
Ademais, realizarase unha visita a unha experiencia turística en funcionamento, permitindo aclarar dúbidas e observar boas prácticas reais.
Tras o curso, o proxecto ofrece titorías individuais ou en pequenos grupos, incluíndo un mínimo de seis sesións por GALP e asesoramento en seguridade en embarcacións. Estas titorías acompañan ás persoas participantes na posta en marcha real das súas iniciativas, abordando aspectos como análise económica, plan de viabilidade, necesidades técnicas e trámites administrativos.
Para complementar o curso presencial, ofreceranse tres cursos online de actualización de 15 horas cada un na plataforma Mar Seguro, con titorías semanais. As temáticas son:
-
Inglés para atención turística
-
Atención a persoas con discapacidade
-
Habilidades sociais e atención ao público
Datas e preinscrición. O curso presencial desenvolverase a finais de xaneiro ou na primeira quincena de febreiro, unha vez cubertas as prazas dispoñibles.
Para máis información ou preinscrición, pódese contactar co GALP Golfo Ártabro Norte no 981 784 417 e no mail galp.mar.golfoartabronorte@
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
