A Politécnica de Enxeñaría de Ferrol organiza unha nova xornada de portas abertas para alumnado de BACH e de FP

alumnado de BACH e FP visitando varios dos laboratorios daEPEF, febreiro 25

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), unha nova edición da xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” dirixida a alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de ciclos de FP Superiores de toda Galicia.

Ao longo do evento, as persoas participantes poderán achegarse á oferta formativa de grao que se imparte na escola e coñecer algúns dos laboratorios do centro. A cita será, o venres 6 de febreiro, con entrada ás 09:30 e saída ás 14:00 horas.

alumnado de BACH e FP visitando varios dos laboratorios da EPEF febreiro 25

Neste centro do Campus Industrial de Ferrol impártense os graos en Enxeñaría Mecánica, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Naval e Oceánica, en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e o Programa de Simultaneidade en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica. A maiores, o centro oferta o grao en Enxeñaría Eléctrica, o primeiro grao dual do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e o grao aberto en Enxeñaría Industrial, unha titulación que lle permite ao estudantado elixir a carreira que finalmente vai estudar no segundo curso, optando así polo grao en Enxeñaría Mecánica, en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica ou ben polo Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

Os centros educativos interesados en asistir á xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do mércores 21 de xaneiro. Máis información, no correo
electrónico subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3226. Prazas limitadas.

Formulario de Inscrición – Xornada de Portas Abertas “Día da Enxeñaría” – 6 de febreiro de 2026

Lea también

Alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda presentaron unha exposición con prendas que usaban os seus avós e avoas

Máis de 50 estudantes do primeiro curso do grao en Xestión Industrial da Moda, titulación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *