A Deputación da Coruña financia o programa de actividades culturais da UNED

A Deputación da Coruña asinou un convenio de colaboración co Centro Asociado á UNED da Coruña polo que concede unha subvención nominativa de 100.000 euros para o cofinanciamento do programa de actividades de extensión universitaria e divulgación cultural. O acordo, asinado polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e a directora da UNED Coruña, Ana Mónica Novo, enmárcase no compromiso da institución provincial co acceso ao coñecemento, coa formación ao longo da vida e coa dinamización cultural en todo o territorio da provincia.

A achega da Deputación supón o 16,26% dun orzamento total de 614.691 euros e permite sufragar gastos do desenvolvemento dun amplo programa de actividades culturais e divulgativas dirixidas á cidadanía da provincia da Coruña, que contou con máis de 11.200 persoas beneficiarias ao longo do ano.

O programa inclúe máis dun cento de actividades que se desenvolveron ao longo de todo o ano, tanto na sede da UNED da Coruña como noutras localizacións da provincia, incluíndo Ferrol e outros concellos. Trátase de cursos, xornadas, conferencias, talleres e ciclos divulgativos que abordan ámbitos moi diversos do coñecemento, como a historia, a arte, a arqueoloxía, a igualdade de xénero, a inclusión social, a mediación, a saúde, o benestar emocional, a tecnoloxía, as linguas, a sustentabilidade, a empregabilidade ou a transformación dixital, cunha clara orientación ao interese social e á transferencia de coñecemento á cidadanía.

Un dos eixos destacados do programa é o ciclo Martes da UNED, consolidado como un espazo de divulgación cultural de referencia, xunto con actividades vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ao Programa de Retorno Educativo da UNED e a accións formativas dirixidas a colectivos específicos, como persoas con discapacidade, mulleres, mozos e mozas, persoas desempregadas ou maiores. O programa incluíu tamén accións de acollida e orientación ao alumnado e ao profesorado, así como actividades de promoción da lectura, do pensamento crítico e da participación cultural.

O presidente da Deputación O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, salientou que “este convenio coa UNED da Coruña permite achegar o coñecemento, cultura e formación de primeiro nivel a milleiros de persoas en toda a provincia, con independencia da súa idade ou lugar de residencia”.

Lea también

VII Jornada Histórica de la Armada. Se celebró una conferencia en el Museo Naval de Ferrol,“Don Álvaro de Bazán, el mejor de los nuestros»

Este pasado jueves, día 28 de mayo, a las 12.00 h, se celebró en la …