Cedeira aproba o proxecto da ponte de madeira para o tránsito peonil ó Sarridal

O goberno local deu luz verde tamén ao proxecto técnico desta construción, que permitirá continuar a escavación arqueolóxica pola zona do camiño. A xunta de Goberno do concello de Cedeira aprobou na súa última sesión o proxecto técnico para a construción dunha pasarela de madeira no castro Sarridal e a solicitude á Deputación Provincial da Coruña dunha subvención, ao abeiro do programa para actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal, para custeala.

A previsión é que a obra, orzamentada en 42.295,64€, sexa financiada con 33.837€ da devandita liña de axudas da Deputación e 8.459,64€ de fondos municipais.

A pasarela de madeira vai permitir realizar escavacións arqueolóxicas na zona pola que vai o camiño en dirección ao Castelo da Concepción, xunto ás estruturas castrexas xa exhumadas, sen que os traballos afecten ao tránsito peonil. Estímase que co levantamento desta área poderá completarse a descuberta do foxo, o pavimento e o muro do castro. Hai uns oito anos que o Concello de Cedeira impulsou a escavación do castro Sarridal, contando co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio.

Ambas as dúas institucións foron alternándose desde entón no financiamento das sucesivas campañas de exhumación e consolidación dos restos, que se revelaron como un dos xacementos castrexos máis importantes do noroeste peninsular. Ditas campañas permitiron verificar que o asentamento estivo habitado cando menos desde o século IV antes de Cristo ata o IV despois de Cristo, de maneira que os restos corresponden á época castrexa e tamén posteriores, da galaico-romana.

Lea también

489 Aniversario de la Infantería de Marina. Interesante conferencia en Ferrol sobre los Tercios Españoles

(Gráficas Galicia Ártabra)Dentro de los actos de la celebraciòn de 489 aniversario de la Infantería …