Cursos de natación en Narón para adultos e embarazadas con prazas libres na piscina da Gándara

O Concello de Narón, a través do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, informa de que aínda quedan prazas dispoñibles nos cursos de Iniciación á Natación para persoas adultas, unha actividade dirixida a maiores de 16 anos que queiran aprender a nadar desde cero ou a mellorar a súa autonomía e seguridade no medio acuático.

Estes cursos están pensados para persoas sen experiencia previa ou con coñecementos básicos, e traballan aspectos como a adaptación a medio acuático, a respiración, a flotación, o desprazamento e as primeiras nocións dos estilos básicos, sempre baixo a supervisión de persoal técnico especializado.

Na actualidade, existen prazas vacantes nos seguintes horarios:

Luns, mércores e venres:

De 8.45 a 09.30 horas
De 9.30 a 10.15 horas
De 10.15 a 11.00 horas
De 15.15 a 16.00 horas
De 20.00 a 20.45 horas
De 20.45 a 21.30 horas
De 21.30 a 22.15 horas

Martes e xoves:

De 8.45 a 09.30 horas
De 10.15 a 11.00 horas
De 15.15 a 16.00 horas
De 16.00 a 16.45 horas
De 20.45 a 21.30 horas
De 21.30 a 22.15 horas

Así mesmo, tamén hai prazas dispoñibles na actividade de natación para  embarazadas, tanto na etapa de pre-parto como de post-parto, que se desenvolve os luns, mércores e venres, de 10.15 a 11.00 horas. Esta modalidade está orientada a favorecer o benestar físico durante o embarazo e a recuperación tras o parto, mellorando a mobilidade, a circulación e a relaxación, sempre con exercicios adaptados a cada fase.

As persoas interesadas en inscribirse neste mes de febreiro poden facelo achegándose ás oficinas do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara durante a última semana do mes de xaneiro, onde se lles facilitará toda a información necesaria sobre a actividade, tarifas e dispoñibilidade de prazas.

Lea también

Club Arco Narón participa en el trofeo 35º Aniversario del Club Boa Vila

Este pasado sábado se ha celebrado en Pontevedra el Trofeo 35º Aniversario del club Boa …