Valdoviño saca a contratación a mellora de viais en Taraza, Lago e Sequeiro cun investimento de 340.379,35€

As empresas poden presentar a súa oferta ata o 8 de febreiro.

Fuente Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación as obras de reparación do firme e mellora da seguridade vial e mobilidade en Taraza, entre a glorieta situada na AC-116 á altura de Casa Marino e o cruce co establecemento de hostalería de Campo García. Unha estrada de algo máis de 1,6 km na que se levarán a cabo obras de aglomerado, mellora das interseccións con outras estradas, traballos de sinalización e de accesibilidade.

Respecto a estes últimos, instalaranse pasos de peóns sobreelevados para facilitar o cruce en condicións de seguridade e, ao tempo, reducir a velocidade dos condutores, e habilitaranse nestes puntos prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida -un total de 8 en cumprimento da ratio mínima establecida na normativa-.

No marco deste contrato, o Concello levará a cabo outras dúas intervencións: o acondicionamento dun vial na zona de Outeiro (entre a estrada de acceso á praia e a pista do Funchal), en Lago, e do vial en Sequeiro de conexión entre a estrada provincial e a AC-566 -que une esta parroquia e Meirás-. Nos dous casos, repararanse os firmes e realizaranse obras de mellora da sinalización.

O Concello investirá nestas actuacións 340.379,35 euros, que financiará con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único Concellos) POS+2025. O proceso de contratación abríase a semana pasada, e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o 8 de febreiro, e consultar os pregos na plataforma de contratación do sector público.

Lea también

Agredido un sindicalista de la CIG en As Pontes durante la colocación de una pancarta

La Confederación Intersindical Galega (CIG) ha manifestado su total condena y repulsa ante la agresión …