O Nº 36 da Revista FerrolAnálisis presentarase o martes 13 de xaneiro na sala Carlos III de Exponav

A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval, (EXPONAV) acollerá este vindeiro martes 13 de xaneiro ás 19:00 horas o acto de presentación do Nº 36 da Revista de Pensamento e Cultura FerrolAnálisis que edita o Club de Prensa de Ferrol.

Presentación de Ferrol Análisis | Concello de Ferrol- archivo 2024

Coa publicación do nº 36 da revista FerrolAnálisis, desde o Club de Prensa de Ferrol, dan corpo expresivo a «un sono longamente acariñado«, como foi o de mostrar nas páxinas da revista, «a nosa admiración e agarimo ao poeta e avogado Miguel C. Vidal, fundador e director xunto con Tomás Barros da revista ATURUXO, en agradecemento e homenaxe ao seu labor literario e poético. Os artigos de Luis Alonso Girgado, e de Xulio López Valcárcel achégannos con rigor e fondura á súa singular figura poética e literaria, da que tamén nos dá conta Ramón Loureiro».

Este novo número ofrece nas súas páxinas, ao traveso da análise dos diversos autores, unha visión actuals, doutros senlleiros ferroláns como Pablo Iglesias, ao traveso da exposición de Alfonso Guerra, ou un achegamento a Torrente Ballester en Ferrol, que realiza Ángel Teijeiro Fraga, e achegarnos a Laura P. Landeira, ao traveso da profunda e rigorosa análise de Xesús Alonso Montero, mentres o historiador e investigador Bernardo Máiz nos descobre as estreitas relacións entre Castelao e Bello Piñeiro. E así ata preto de 40 autores que nos relatan distintas historias e nos levan por fermosos e especiais lugares, como o Cabo Ortegal, que nos convidan a valorar e coñecer en profundidade o que somos en tódolos campos, porque no artístico e literario temos a fortuna de gozar da creatividade artística e literaria do pintor e creador ferrolán Jorge Llorca.

Desde o Club de Prensa de Ferrol reiteran ás grazas aos que fixeron posible este Nº 36 de Ferrol- Análisis, «ao que chegamos en setembro de 2025, cando se están a cumprir 35 anos da nosa primeira saída ao público. Celebrámolo, co fardel enchido de gratitude para todos os colaboradores/as que nestes 35 anos fixérono posible. Grazas ao Concello de Ferrol e a Deputación Provincial da Coruña, polo seu compromiso e colaboración, e tamén a todas aquelas empresas que, nos primeiros anos da revista, confiaronno Club de Prensa de Ferrol e nos brindaron axuda e colaboración para seguir adiante». Fan pública tamén as grazas ao Consello de Redacción da revista e á súa Directora, Esperanza Piñeiro de San Miguel, quen ademais da súa dedicación na revisión e corrección de posibles grallas, apórta o interesante  traballo sobre A maleta de Vicetto. 

No acto de presentación participarán o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o Presidente da Deputación Valentín González Formoso, o Poeta e editor de Medulia Editorial, Xulio López Valcárcel, a Directora da revista Esperanza Piñeiro de San Miguel, e a Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto.

Debido a limitación do aforo, a asistencia ao acto será por invitación confirmada e obsequiarase a cada asistente cun exemplar da Revista.

Lea también

A Deputación da Coruña impulsa a creación da Compañía Teatral Galega de Bos Aires

O proxecto realízase en colaboración coa Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, unha das …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *