A Deputación da Coruña leva aos institutos a obra teatral “Papel 2.0” para previr o acoso escolar

O programa desenvolverase entre os días 12 e 16 de xaneiro en centros educativos de ESO de Neda, Sada, Oleiros, Carballo, Oroso e A Pobra do Caramiñal.

A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova iniciativa educativa e cultural dirixida á prevención do acoso escolar a través do teatro. Entre os días 12 e 16 de xaneiro, alumnado de seis institutos da provincia asistirá ás representacións da obra Papel 2.0, unha proposta escénica da compañía Ventrículo|Veloz que busca fomentar a reflexión crítica e o diálogo arredor do bullying nas aulas.

As funcións terán lugar en centros educativos dos concellos de Neda, Sada, Oleiros, Carballo, Oroso e A Pobra do Caramiñal, dentro dun percorrido que achega o teatro contemporáneo a distintos puntos da provincia.

Fuente Diputación de A Coruña

Papel 2.0, escrita e dirixida por Jose Padilla, é unha peza teatral dirixida a público adolescente que aborda a violencia do acoso escolar con humor ácido e unha linguaxe próxima á mocidade. A partir dun feito aparentemente trivial —o lanzamento de rolos de papel hixiénico nunha aula— a obra constrúe un mosaico de escenas que reflicten a banalización do bullying desde múltiples perspectivas: alumnado, familias, profesorado, medios de comunicación e redes sociais.

O espectáculo combina referencias culturais próximas ás novas xeracións cunha linguaxe actual, cargada de referencias ao universo dixital- Tik Tok, Fornite, cultura gamer, memes e streaming- co obxectivo de interpelar ao público mozo e provocar unha experiencia tan lúdica como incómoda, que convida a mirar de fronte unha realidade aínda moi presente nos centros educativos.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta iniciativa “enmárcase no compromiso da Deputación de promover a erradicación de conductas como o acoso na escola, usando da cultura como ferramenta de concienciación para a mocidade”.

A deputada de Educación, Yoya Neira, explicou que “a loita contra o acoso escolar debe ser unha prioridade compartida, e proxectos como Papel 2.0 permiten que o alumnado identifique estas situacións, reflexione sobre elas e aprenda a rexeitalas desde a empatía e o respecto. A concienciación e sensibilización da mocidade é a mellor forma de previr o acoso”, afirmou.

As representacións terán unha duración aproximada de 50 minutos e completaranse cun coloquio posterior co elenco de actores e actrices, no que o alumnado poderá compartir as súas impresións e experiencias, reforzando así o carácter participativo e educativo da iniciativa.

Fuente Diputación de A Coruña

Calendario das representacións de “Papel 2.0”

Luns, 12 de xaneiro. NEDA
11:00 horas
IES Fernando Esquío – Neda

Martes, 13 de xaneiro. SADA E OLEIROS
9:30 horas
IES Isaac Díaz Pardo – Sada

13:00 horas
IES María Casares – Oleiros

Mércores, 14 de xaneiro. CARBALLO.
11:30 horas
IES Alfredo Brañas – Carballo

Xoves, 15 de xaneiro. OROSO
10:30 horas
IES de Oroso – Oroso

Venres, 16 de xaneiro. A POBRA DO CARAMIÑAL
10:30 horas
IES A Pobra do Caramiñal – A Pobra do Caramiñal

TRAILER PAPEL 2.0

Lea también

489 Aniversario de la Infantería de Marina. Interesante conferencia en Ferrol sobre los Tercios Españoles

(Gráficas Galicia Ártabra)Dentro de los actos de la celebraciòn de 489 aniversario de la Infantería …