Todas elas poderán mellorar a súa cualificación a través desta iniciativa pioneira en España que o Goberno galego impulsa este ano de xeito novidoso. A FP Acelerada é unha modalidade de formación concentrada nun período de entre catro e seis meses que permite un acceso rápido ao mercado laboral. En 12 concellos de Galicia poden cursarse programas en sectores con alta demanda como agraria, comercio, edificación, mecánica, enerxía, hostalaría ou transporte. O prazo para formalizar a matrícula comezará o 16 de xaneiro.
Preto de 200 persoas veñen de solicitar praza para cursar a segunda edición da FP Acelerada que arranca en xaneiro para unha vintena de formacións.
Trátase, en concreto, de 198 solicitantes que se suman ás 153 persoas que xa se formaron na primeira edición que tivo lugar de setembro a decembro, polo que se eleva a 351 o total de persoas que optan por esta novidosa iniciativa que o Goberno galego impulsou por primeira vez este curso como experiencia piloto.
Tras a resolución provisional de solicitudes por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, ábrese un período de reclamacións ata o día 13 de xaneiro.
Posteriormente, as persoas admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 16 ao 23 de xaneiro a través do Portal Educativo. Non obstante, as persoas interesadas que non presentaran solicitude durante o período oficial, van poder solicitar matrícula directa nas prazas liberadas que hai para todas as formacións entre o 26 e o 30 de xaneiro.
Así pois, a FP Acelerada é unha acción pioneira a nivel de España que consiste nunha modalidade de formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, en función do ciclo de que se trate, que representa unha dobre vantaxe para alumnos e empresas.
Por unha banda, as persoas dispoñen dunha vía rápida de formación para ao acceso ao mercado laboral e, por outra, as empresas teñen un aceso máis áxil a persoal cualificado, sobre todo naqueles sectores onde hai máis demanda.
Esta modalidade, enmarcada no Plan FPGal360, inclúe tanto a formación no centro educativo como na empresa e, por tanto, permiten que as persoas acaden, nun corto período de tempo, unha certificación profesional. O obxectivo último é mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral en sectores concretos que precisan profesionais para traballar.
Nesta segunda edición, que agora se vén de resolver, ofertáronse 506 prazas dispoñibles nunha quincena de centros integrados de 12 concellos das catro provincias, e en sectores de alta demanda de emprego como son Agraria, Comercio, Edificación e obra civil, Enerxía e auga, Fabricación mecánica, Industria alimentaria, Hostalaría e turismo e Transporte e mantemento.
TÍTULOS DA SEGUNDA EDICIÓN DA FP ACELERADA
*GB: grao básico; GM: grao medio; GS: grao superior
TÍTULOS DA SEGUNDA EDICIÓN DA FP ACELERADA
*GB: grao básico; GM: grao medio; GS: grao superior
Provincia da Coruña
|
Concello |
Centro |
Ciclo |
Solicitudes |
|
A Coruña |
CIFP Paseo das Pontes |
GM Servizos en restaurante |
15 |
|
A Coruña |
CIFP Someso |
GM Cubertas e impermeabilizacións |
11 |
|
A Coruña |
CIFP Someso |
GS Planificación e supervisión da área de carrozaría de vehículos automóbiles |
9 |
|
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
GM Fabricación de tubaxes e construcións e carpintaría metálica |
15 |
|
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
GM Montaxe de instalacións de tubaxes e construcións e carpintaría metálica |
15 |
|
Pontedeume |
CIFP Fraga do Eume |
GM Repostaría en restauración |
12 |
|
Ribeira |
CIFP Coroso |
GS Control de calidade na industria alimentaria |
7 |
|
Ribeira |
CIFP Coroso |
GS Xestión loxística e comercial na industria alimentaria |
18 |
|
Santiago de Compostela |
CIFP Compostela |
GM Servizos en restaurante |
4 |
|
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
GM Montaxe de instalacións de tubaxes e construcións e carpintaría metálica |
6 |
Provincia de Lugo
|
Concello |
Centro |
Ciclo |
Solicitudes |
|
Lugo |
CIFP As Mercedes |
GM Mantemento do motor de combustión interna e os seus sistemas auxiliares referente aos vehículos automóbiles |
8 |
Provincia de Ourense
|
Concello |
Centro |
Ciclo |
Solicitudes |
|
Ourense |
CIFP A Farixa |
GS Organización e proxectos de instalacións solares fotovoltaicas |
8 |
|
Ourense |
CIFP A Farixa |
GS Organización e proxectos de instalacións solares térmicas |
6 |
|
Vilamarín |
CIFP de Vilamarín |
GB Actividades básicas do departamento de pisos |
3 |
Provincia de Pontevedra
|
Concello |
Centro |
Ciclo |
Solicitudes |
|
Pontevedra |
CIFP Carlos Oroza |
GB Venda en panadaría e pastelaría |
5 |
|
Pontevedra |
CIFP Carlos Oroza |
GM Servizos en restaurante |
5 |
|
Pontevedra |
CIFP Montecelo |
GB Operacións auxiliares e/ou básicas referentes ao mantemento e a reparación de vehículos automóbiles na área de carrozaría |
13 |
|
Vigo |
CIFP Manuel Antonio |
GM Servizos en bar e cafetaría |
3 |
|
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Mantemento dos sistemas de forza e trens de rodaxe referente a vehículos automóbiles |
6 |
|
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías |
13 |
|
Vilagarcía de Arousa |
CIFP Fontecarmoa |
GB Actividades auxiliares de almacenaxe |
16 |
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
