O Concello de Narón leva a Odeón un punto informativo contra o acoso escolar

Narón achegará á cidadanía os recursos contra o acoso escolar cun punto informativo este venres 9 de xaneiro no centro comercial Odeón, que funcionará entre as 17.30 e as 19.30 horas.
 
 
A iniciativa forma parte do “Obradoiro de convivencia escolar e prevención do acoso escolar”, desenvolvido polo Servizo Sociocomunitario Municipal, que busca dar a coñecer como detectar, previr e actuar ante situacións de acoso e ciberacoso, unha problemática que afecta directamente o benestar da infancia e da adolescencia.
 
No punto informativo, persoal técnico especializado explicará en que consiste este programa municipal, que se leva a cabo nos centros educativos de Narón e que promove espazos de diálogo e reflexión sobre a convivencia, as relacións entre iguais e as situacións de violencia que se poden producir nas aulas.
 
O obradoiro está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO, así como ás familias e ao profesorado, aos que tamén se lles ofrece formación e asesoramento específico. Desde o Concello lembran que o acoso escolar pode ter consecuencias graves, como dificultades académicas, absentismo ou incluso abandono escolar, polo que consideran fundamental facilitar información e recursos accesibles á poboación.
 
As persoas interesadas, poden acudir ao punto informativo de Odeón no que recibirán información sobre as sesións que se desenvolven nos centros educativos de Narón e os recursos dispoñibles contra o acoso escolar.

Lea también

“Un crepúsculo de ilusións” guía ás rúas de Narón a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar

Narón volverá vivir na tarde do 5 de xaneiro unha das citas máis agardadas do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *