Narón recoñece as dez persoas usuarias máis comprometidas da Biblioteca municipal

A Biblioteca Municipal de Narón celebra este sábado 10 de xaneiro, ás 12.00 horas, o Día dos Usuarios das Bibliotecas cun acto de recoñecemento ás persoas máis comprometidas con este servizo público cultural ao longo do último ano.

A iniciativa, que se desenvolve de maneira ininterrompida desde o ano 2014 e que acada nesta edición a súa decimoterceira convocatoria, serve para render homenaxe ás persoas nomeadas Usuarios e Usuarias de Honra, un total de dez: cinco menores de ata 14 anos e cinco persoas adultas, escollidas pola súa especial implicación coa biblioteca municipal durante o ano anterior.

Os Usuarios de Honra infantís 2026 son Roque Caaveiro García, Antía Méndez Mouriz, Julieta Ortigueira Ruiz, Marcos Painceiras Méndez e Roque Veiga Rodríguez. No caso das persoas adultas, os recoñecementos recaen en Raquel Crego Buela, Pilar López Curros, Justa Nieto-Aguiar Portela, Isabel Pita Galdo e Jesús Sánchez Rey.

Fuente Concello de Narón

No acto participarán a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro López, que se achegarán á biblioteca para saudar as persoas homenaxeadas e facerlles entrega dun diploma acreditativo e dun pequeno agasallo como mostra de agradecemento.

Desde o Concello de Narón destacan con esta iniciativa a importancia das bibliotecas públicas como espazos de encontro, aprendizaxe e fomento da lectura, así como o papel fundamental das persoas usuarias na vida cultural do municipio.

Lea también

Narón ultima os preparativos da gran Festa de Fin de Ano na praza de Galicia

Narón despedirá o ano cunha gran festa colectiva baixo carpa na praza de Galicia, un …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *