Chegada dos Reis Magos a Ferrol

As Súas Maxestades desembarcarán no peirao de Curuxeiras este lúns ás 16:45 horas.

O Concello de Ferrol vén de activar a conta atrás para a visita das Súas Maxestades os Reis Magos, que, como é tradición, chegarán por mar á cidade. Desembarcarán este luns, 5 de xaneiro en torno ás 16:45 horas no peirao de Curuxeiras (xunto ás instalacións castrenses de La Cortina), onde dirixirán unhas palabras a grandes e pequenos que alí os agarden. A continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar serán trasladados en cadanseu vehículo á rúa Venezuela, onde se iniciará a cabalgata ás 18:00 horas.

PERCORRIDO E CARROZAS
A comitiva pasará pola rúa Colombia, estrada de Castela, rúa Pontevedra, rúa Cuntis, rúa Roi Xordo, acceso a praza de España, rúa María, Arce, Rúa Real, Rúa Rubalcava e praza de Armas, onde accederán ao Concello para recibir aos máis pequenos da casa.

A cabalgata estará formada por unha decena de carrozas, cunha temática adicada ás culturas do mundo. Tres delas, como é habitual, corresponden aos tronos dos reis, que terán unhas invitadas especiais no seu percorrido: as guerreiras K-pop, aportando o seu ritmo tan exitoso á comitiva. Compartirán protagonismo coas animadísimas personaxes de Stitch, Pikachu, Vaiana e Hello Kitty. Choverá, ao seu paso, caramelos sen glute e aptos para diabéticos. Máis de 3.000 kilos.

Cómpre destacar que, do mesmo xeito que nos dous últimos anos, habilitarase un tramo silencioso en atención ao colectivo de nenos e nenas con trastorno do espectro autista. Localizarase no treito da rúa Pontevedra entre a estrada de Castela e o cruce coa rúa Cuntis, continuando por esta última rúa e por Roi Xordo. Neste punto a cabalgata circulará en silencio e coas luces apagadas.

Ademais, na praza de España localizarase unha tarima para o uso de persoas con mobilidade reducida. O obxectivo é que todos os nenos e nenas da cidade poidan desfrutar do espectáculo que anticipa a noite máis máxica do ano.

MAPA DIXITAL
O percorrido, así como outros datos de interese relacionados coa programación festiva do Concello de Ferrol, pode consultarse no http://mapa do Nadal.

Lea también

El actor Javier Gutiérrez recogió la «faba de plata» concedida por la Asociación de Asturianos de Ferrolterra

“Decía el poeta que la verdadera patria del hombre es la infancia,  pues bien Ferrol …