Despois da mestura de panxoliñas–(Xosé Paz Fdez.)

Xosé Paz Fdez. Coral Polif. Eumesa.
Moi gratificante resultou na tarde da Noiteboa o acto de cantar panxoliñas populares, e vilancicos, na praza Real entre o público asistente e compoñentes da Coral Eumesa, sustituindo aos antergos aguinaldos. Bueno, a verba sustituir quizáis non sexa a maís atinada, dado que os aguinaldos doutrora eran seguidos pola petición de “algo”. Hoxe en día o prego non é de acadar cartos, ou larpeiradas para contrarrestar a necesidade que noutrora había.

O único que se pideu foi a colaboración para ese intre, de posibles aguinaldeiros, mesturándose cos organizadores do ámbito músical: cantar todos xuntos, as letras que previamente se diron ao pobo cantor.

No baixo do concello, alleo ó rebumbio e gran balbordo, con algunha xente que deixou o lecer mesatonal, familiares dos cantores, algúns eumeses na diáspora noutras cidades de España, fixemos un conxunto especial que nun tempo record de concerto do nadal fixo pasar axiña a media hora longa de distintos sons. Así se cantaron panxoliñas pertencentes a outro século anterior, ou xa deste, máis actuáis de autores locais con panxoliñas galegas, e en castelán, dúas panxoliñas inglesas, e terminando co “Alegría en el mundo” (Ledicia no mundo) de G.F. Haendel tamén en galego.

Este evento vai facendo historia no tempo, pois comezou a súa andaina, entre cantores  coralísticos, excompoñentes, e público aló polo ano 1986, e aínda que tén lugar na mesma praza o acto trocouse. Do medio dela, ou do curruncho como sempre, pasouse para o baixo do concello que é máis sonoro, abrigado do frío e da choiva, con cadeiras para se sentar e tamén alonxado do ruido, e de algo máis como é a pouca atención pública e respeto dos que están a disfroitar dun lecer nas mesas, que espalla a hostelería e que non se mini-privan de facer de altofalantes.

Quen quixo cantar realizouno, outros escoitaron en “mutis”, e como receptores de algo, a valorar máis, quédalles a lembranza dun nadal de tradición musical que sigue un ano máis resistindo o empuxe do alleo, anque para moitos esto sexa un mero “perdelo tempo”.

En resumo, que a media hora, estivo moi ben aproveitada por todos os que participaron.

Lea también

ConectaDERMA, el puente digital hacia el Dermatólogo–(Joaquín Espiñeira Sicre)

Joaquín Espiñeira Sicre Nunca hubo tanta preocupación por la piel y, al mismo tiempo, nunca …