Fene ultima os preparativos para dar a benvida ao novo ano cunha gran festa

A praza do alcalde Ramón José Souto González acollerá a celebración da madrugada do 1 de xaneiro con música e chocolate con churros.

O Concello de Fene ultima os preparativos para despedir o 2025 e recibir o novo ano cunha gran festa popular que terá lugar na madrugada do 1 de xaneiro na Praza do alcalde Ramón José Souto González. A celebración comezará á 01.00 horas e prolongarase ata as 06.00 da mañá, ofrecendo unha proposta festiva pensada para todos os públicos.

A noite contará coa actuación da Orquestra Origen, que será a encargada de abrir a festa tras as badaladas, e continuará posteriormente con animación musical a cargo dun DJ, garantindo varias horas de música e baile para dar a benvida ao 2026.

Para maior comodidade das persoas asistentes, a carpa instalada na praza disporá de servizo de barra e gardarroupa. Ademais, ao remate da celebración, o Concello ofrecerá chocolate con churros a todas as persoas participantes, como colofón a unha noite de convivencia e celebración colectiva.

Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas que visiten Fene nestas datas a participar nesta festa de Ano Novo, concibida como un espazo de encontro para compartir a entrada no novo ano nun ambiente seguro e festivo.

A celebración enmárcase na programación especial de Nadal do Concello, que inclúe tamén os concursos de decoración de Nadal e de escaparates comerciais (cuxos premios entregaranse tras a Cabalgata de Reis), así como outras actividades pensadas para dinamizar o municipio durante estas datas sinaladas.

Lea también

A Deputación da Coruña colabora nas actividades do 40 aniversario do Museo Etnográfico Monte Caxado

As actividades inclúen unha publicación conmemorativa do 40 aniversario do museo e un proxecto para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *