O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu a máis de 300 escolares no primeiro trimestre do curso

O vindeiro ano preséntase con grandes miras postas nas visitas de centros educativos procedentes de diferentes puntos da xeografía galega.

Fot. fuente.- Xeoparque Cabo Ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal foi, nestes últimos meses do ano, o escenario elixido por moitos centros escolares para realizar saídas divulgativas co alumnado. Un total de 323 persoas, procedentes de diferentes entidades educativas e niveis de ensinanza, visitaron o espazo xeolóxico de Ortegal para coñecer as peculiaridades da paisaxe de man do xeólogo e director científico do xeoparque, Francisco Canosa.

O estudantado visitou o xeoparque desde diferentes lugares das provincias da Coruña e Lugo, sendo algúns deles parte do tecido local e a área de Ferrolterra, como Valdoviño, Ferrol e Narón, e outros, procedentes de institucións educativas alleas á zona, como Lugo ou Ponteceso.

Fot. fuente.- Xeoparque Cabo Ortegal

O vindeiro ano preséntase con grandes miras postas nas visitas escolares, neste momento hai xa 12 excursións programadas, procedentes de diferentes puntos da xeografía galega. Ademais, no mes de febreiro, o Xeoparque Cabo Ortegal volverá acoller a Olimpíada de Xeoloxía, que reunirá no territorio a máis de 80 alumnas e alumnos de distintos centros da provincia da Coruña e o norte de Lugo.

O xeoparque é o lugar idóneo para que escolares de diferentes niveis educativos aprendan sobre xeoloxía desde unha perspectiva fascinante, experimentando en primeira persoa a riqueza da terra. É por iso, que o Xeoparque Cabo Ortegal aposta por poñer en valor o patrimonio natural entre as xeracións máis novas, para que tomen conciencia da importancia e o coidado dos recursos.

Fot. fuente.- Xeoparque Cabo Ortegal

As visitas escolares ofrécense de xeito gratuíto e están abertas a todos os centros educativos que desexen coñecer o territorio. O proceso é sinxelo e pode realizarse completando un formulario de solicitude dispoñible a través das redes sociais do Xeoparque Cabo Ortegal.

Enlace al formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSec8Krg6SAvrMMq3KB9Hn644zErj B3LUyzDrGnNWRlw_uVJcg/viewform

Lea también

La exposición ‘O Ferrol do pasado’ abrirá sus puertas este viernes en el Torrente Ballester

La historia de Ferrol será protagonista desde este viernes 20 de febrero hasta pasada la …