Alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda presentaron unha exposición con prendas que usaban os seus avós e avoas

Máis de 50 estudantes do primeiro curso do grao en Xestión Industrial da Moda, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación, presentaron, este martes, día 16, na Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, unha exposición sobre a moda do século XX, anterior aos anos 80, botando man das prendas rescatadas do “baúl dos recordos” dos seus familiares, outorgándolles unha connotación sentimental e elevándoas á categoría de pezas de museo.

Un ano máis, e xa van dous, a profesora Mavi Lezcano, retou ao alumando da materia de Historia da Arte e da Moda a seleccionar unha prenda e a elaborar unha ficha técnica como as que se empregan no Museo do Traxe de Madrid, incluíndo información relativa á súa composición, ao ano de fabricación, así como un breve texto sobre a súa historia emocional para o que tiveron que entrevistarse cos propietarios e propietarias desas pezas e incluso rebuscar nos vellos albumes de fotos familiares.

Entre as preto de 60 pezas presentadas nesta exposición destacaron 6 prendas e/ou accesorios recuperados por 8 alumnas en colaboración cun pequeno grupo de persoas usuarias da Cruz Vermella en Ferrol.

Lea también

Abierta la inscripción en el máster Erasmus Mundus RESCO que acogerá la Politécnica de Ingeniería de Ferrol

El máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction – RESCO abre el plazo de …