O plan de barrios de Ferrol segou preto de 9.000 metros lineais en Valón

O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, e o concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníronse coa directiva da AVV de Valón ao abeiro do plan de barrios. “Un vernes máis este goberno reúnese cos veciños para escoitar a súas demandas do día a día”, manifestou Díaz Mosquera, e “a nosa responsabilidade é dar unha solución”.

Nesta ocasión a coordinación dos servizos municipais permitiu levar a cabo 12 actuacións de mantemento correctivo e preventivo dende a brigada de mantemento do servizo eléctrico.

Ademais, realizáronse desbroces na estrada principal (4.500 metros), e nos camiños de A Chousa (880 metros), O Cal (846 metros), O Pereiro (798 metros), entre outros, así como nas inmediacións dos local social e do colexio (575 metros).

Así mesmo, realizáronse traballos de limpeza de sumidoiros, colectores e dos lavadoiros de Valón Vello, Mougá, O Pereiro e a fonte de Vilabuide. O servizo de conservación e mantemento de áreas infantís de xogos, áreas biosaludables e de exercicio ao aire libre, executaron labores de limpeza e revisión de xogos no parque do CEIP A Laxe.

O martes comenzarán os traballos na parroquia de San Xurxo.

Lea también

Luz verde al proyecto de Caranza de ‘Abrir Ferrol ao mar’

La fachada marítima de Caranza, desde la entrada por Telleiras contará con una imagen totalmente …