Xosé Regueira defende nos Premios da Gastronomía Galega a unión de produto, territorio e identidade

Xosé Regueira defende nos I Premios da Cociña Galega a unión de produto, territorio e identidade. O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel da Área de Turismo puxo en valor os cinco plans de sustentabilidade turística que impulsa o goberno provincial. Regueira tamén destacou que a gastronomía é un “elemento estratéxico” porque permite “falar de nós mesmos, da nosa paisaxe e da nosa cultura a través dos sabores”

Fuente Diputación de A Coruña

O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel da Área de Turismo, Xosé Regueira, interveu nos I Premios da Cociña Galega, que se entregaron no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela. Neste evento outorgáronse vinte galardóns, un dos cales foi entregado polo propio vicepresidente, e que recoñecen a excelencia dos principais produtos, receitas e tradicións culinarias que conforman a identidade gastronómica galega.

Xosé Regueira destacou que a cociña galega vive “un momento extraordinario”, froito dun traballo colectivo “que une produto, territorio e identidade”. Para a Deputación da Coruña, abundou, a gastronomía é un “elemento estratéxico” porque permite “falar de nós mesmos, da nosa paisaxe e da nosa cultura a través dos sabores”, unha filosofía que se resume no lema da campaña provincial ‘A paisaxe que sabe’.

Fuente Diputación de A Coruña

Recoñecer o esforzo

“Cada prato conta unha historia que nace na terra e no mar, que pasa polos oficios do agro e da pesca, e que chega ás mans de cociñeiras e cociñeiros comprometidos cun modelo sustentábel e de calidade. Por iso, actos como estes Premios da Cociña Galega axúdannos a recoñecer ese esforzo”, subliñou Regueira.

“Ao longo destes anos puxemos en marcha unha estratexia que sitúa a gastronomía no centro dun turismo responsábel, que entende que comer tamén é coñecer o territorio”, apuntou o vicepresidente, quen lembrou que os cinco plans de sustentabilidade turística que impulsa o goberno provincial teñen na enogastronomía un dos seus piares “porque estamos convencidos de que o territorio se defende e pon en valor tamén desde a mesa”.

Lea también

Ferrol, «referencia» gallega en cirugía robótica, ya supera las 1.500 intervenciones con el robot Da Vinci

El Área Sanitaria de Ferrol se ha consolidado como un centro de referencia en cirugía …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *