O Belén da Sociedade Cultural O Tilo, en Ares,: tradición e agarimo danse da man un ano máis

Un dos Beléns máis coñecidos a nivel comarcal pola súa fonda tradición e agarimo na confección xa está aberto
para toda aquela persoa interesada en velo de preto. O sábado pasado, a presidenta da Sociedade Cultural O Tilo, de Ares, asociación encargada da súa posta en marcha, María del Mar Bujones, xunto con outros membros da entidade, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, inauguraron o Nacemento deste 2025.

Así, o Belén de O Tilo, que sintetiza un gran esforzo voluntario por parte da Sociedade, atraerá un ano máis visitas de toda Ferrolterra e arredores, sabendo que as preto de 300 figuras de barro –algunhas delas superan os 20
centímetros e aproximadamente 40 son móbiles— se van actualizando ou ampliando, ao tempo que tamén varía o xeito de representar algunha das escenas.

O atractivo e calidade deste Nacemento xa foi acreditado en 2022, momento en que se incluíu na Guía de Beléns de Interese Turístico de Galicia, recoñecendo o seu valor en todo o territorio galego.

HORARIOS DE VISITA

Até o 4 de xaneiro, o Belén de O Tilo pódese visitar na Rúa María, número 182 (Baixo), na esquina coa Avenida Federico García Expósito. Estará aberto de luns a domingo de 16:30 a 20:00 h., pechando exclusivamente nas
xornadas do 24, 25 e 31 de decembro, xunto co 1 de xaneiro de 2026.

Tamén existe a opción de visitas concertadas para grupos, centros de maiores ou colexios, contactando previamente no teléfono 669 404 425 ou no correo electrónico sceltilo@gmail.com.

A entrada é gratuíta, aínda que é posible deixar unha doazón para a S.C. O Tilo, e accesible a xente en cadeira de rodas.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …