Neda protagoniza o VI Festival escolar do Camiño Inglés desde Ferrol

Turismo de Galicia sigue a apostar por Ferrol e o seu Camiño

Un ano máis Ferrol acolle o mércores 26 e o Xoves 27 de novembro o Festival escolar do Camiño Inglés, un evento anual que está financiado pola Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e que conta colaboración de Gadis e o Concello de Ferrol.

Un Festival que vincula ano a ano a milleiros de escolares de Educación Primaria das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e As Mariñas co Camiño Inglés desde Ferrol, co seu trazado, valores, patrimonio, coidado…

A Capela do Centro Cultural Torrente Ballester será o espazo que acollerá o chamado Teatro do Camino Inglés, no que terá lugar un espectáculo multiartístico que nesta ocasión vai ter como localidade protagonista a Neda. Así, os milleiros de escolares asistentes, ademáis de coñecer o Camiño, tamén descobrerán a riqueza, o patrimonio, lendas, festas, costumes… de Neda, cunha atención moi especial ao Pan de Neda e a súa Festa, as antigas fábricas de bizcochos, San Nicolás, O Belelle…

Desta forma, José Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia, demostra o seu firme compromiso con Ferrol e o interese polo Camiño Inglés desde a nosa cidade, un dos roteiros xacobeos que máis crece e que, polo seu trazado sen grandes dificultades, é o elexido polas familias que van acompañadas dos pequenos e pequenas da casa.

Nesta ocasión, o Festival contará coa participación dos seguintes Centros Escolares: CEIP ESTEIRO, CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA, CPR BELÉN, CPR CRISTO REY, CPR VALLE INCLÁN 1, CPR SAN ROSENDO, CEIP A LAXE, CPR JESÚS MAESTRO, CEIP ÁNXELA RUIZ, CEIP ISAAC PERAL,CPR TIRSO DE MOLINA, e CPR SAN JOSÉ de Pontedeume.

Lea también

Neda inicia os labores de retirada de maleza do río Basteiro entre As Augas e Santa María

O Concello de Neda vén de iniciar os traballos de limpeza entre o lugares das …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *