Narón celebra esta tarde os actos centrais polo 25N

Foto de archivo. 25N-año 2024

Narón conmemora este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun programa que culminará esta tarde na Praza da Gándara. A partir das 18.45 horas, representantes do Concello coa alcaldesa á cabeza realizarán unha ofrenda floral diante do Monumento ás Mulleres e gardarán un minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas de violencia machista.

Tras o acto institucional, a Marcha Mundial das Mulleres protagonizará unha performance, nunha intervención que inclúe a lectura dun manifesto e que converterá Narón no epicentro da comarca de Ferrolterra desta mobilización anual.

Un banco contra a violencia de xénero Como acción simbólica e permanente, o Concello instalou un banco contra a violencia de xénero na mesma contorna do Monumento á Muller. A peza, que permanecerá como espazo fixo na praza, incorpora unha mensaxe explícita contra as violencias machistas e pretende reforzar a visibilización e a sensibilización cidadá ao longo de todo o ano.

Últimos puntos violeta nos centros educativos
Esta mañá pecháronse tamén as actividades dos puntos violeta impulsados polo Servizo Sociocomunitario Municipal. Tralo paso polos CPR Ayala e IES As Telleiras, este 24 de novembro foi a quenda do CPR Jorge Juan e do CPI O Feal, mentres que hoxe, día 25, participaron o IES Terra de Trasancos e o CPR Santiago Apóstol.

Nestes espazos traballouse con alumnado e profesorado para identificar e frear diferentes tipos de violencia machista —física, psicolóxica, sexual, económica, dixital, vicaria ou LGTBIfóbica— e para desmontar modelos de relación baseados no control baixo a falsa idea do “amor romántico”.

Edificios públicos iluminados de morado
Nesta xornada, varios edificios municipais vanse iluminar de cor morada como mostra de apoio á loita contra as violencias machistas: o Pazo da Cultura, a Casa da Cultura, o edificio do antigo Concello e a rotonda de Freixeiro.

Os actos centrais deste 25N completan unhas xornadas reivindicativas que buscan reforzar o compromiso institucional e social de Narón na defensa dos dereitos das mulleres e na erradicación de todas as formas de violencia machista.

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …