Narón comeza a entregar os rótulos coas novas numeracións de vivendas de San Mateo

Os edís de Estatística, Mar Gómez, e Patrimonio, José Oreona, anunciaron que dende o Concello de Narón se entregará a partir deste martes e durante as vindeiras dúas semanas á veciñanza da parroquia de San Mateo a nova numeración das súas vivendas.
 
 
Os rótulos, tal e como indicaron, son gratuítos, e levan o nome da rúa, o número da vivenda e un código QR que dá acceso a unha ficha con datos catastrais do inmoble. Para poder recoller a numeración correspondente deberán achegarse á terceira pranta do concello en horario de 8:30 a 13:30 horas, traendo a dirección e referencia catastral do inmoble.
 
En semanas sucesivas irase anunciando o período para a recollida dos rótulos correspondentes a O Val. As persoas que teñan dúbidas sobre a dirección exacta asignada á súa vivenda poden consultala introducindo a referencia catastral da mesma no visor público do Concello, a través do enlace: https://tinyurl.com/mpkbnrhc.
 
Dende o goberno local inciden na importancia de dispoñer dun número visible e correcto nas vivendas co fin de facilitar o labor dos servizos de emerxencia, no caso de que sexan precisos; mellorar a localización para a entrega de correo postal e paquetería e tamén contar na cidade cun rueiro máis ordenado.

Lea también

O XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Tiro con Arco reúne a 78 deportistas

O pavillón da Gándara acolle este sábado 22 de novembro, o XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *