Fallado en Ares o IX Concurso de Fotografía Xuvenil

Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas.

Fuente Cocello de Ares

Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía  Xuvenil Concello de Ares, un evento que tamén serviu a modo de presentación do Calendario Municipal de 2026, integrando as instantáneasno seu deseño.

Así, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, deu os seus parabéns tanto aos gañadores –Álvaro Díaz Vidal e André Benito Martínez – como aos finalistas –Sara Pereira Vilar, Aila Sánchez Sánchez, Antón Sánchez Sánchez e Lucas Martínez Rouco –.

Dende a área que dirixe Barrón tamén agradeceron a involucración de toda aquela mocidade aresán que se animou a capturar, dende as súas olladas particulares, o municipio, buscando recoñecerse nas paisaxes e espazos do seu arredor. Nesta ocasión, é precisamente a paisaxe litoral de Ares a que cobra especial relevancia nas instantáneas: as cabrias de Redes, os barcos mariñeiros, as Illas das Mirandas e a súa serea… símbolos que axudan a entender que foi e que é a vila hoxe en día.

Para o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o xurado da edición estivo composto por Yolanda Castro, da comunidade educativa do CPI As Mirandas; Marcos López Alonso, Martín Quintián e Sete Vázquez, da Asociación de Fotografía de Ferrolterra, e a propia edila de Cultura, Alma Barrón.

Coma se lembrou no propio acto de entrega dos premios, o calendario municipal xa está dispoñible nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares para toda aquela persoa que o desexe.

Lea también

La compañía italiana Zaches Teatro trae al Jofre en Ferrol el cuento clásico de Pinocho

La premiada compañía cuenta con reconocimientos como el Premio Amico Pinocchio 2017 otorgado por la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *