A Confraría de Pescadores de Cedeira pecha con éxito o seu programa formativo 2025

A Confraría de Pescadores de Cedeira vén de concluír o seu programa formativo de 2025, desenvolvido ao abeiro das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP A Mariña – Ortegal. O obxectivo destas accións foi mellorar a capacitación profesional, a seguridade e a empregabilidade do sector pesqueiro local, así como promover a incorporación de novos profesionais ao sector para favorecer o relevo xeracional.

Fonte Confraría de Pescadores de Cedeira

Durante este ano impartíronse tres cursos clave dentro do programa formativo:

• Curso de Patrón/Patroa Local de Pesca – de 250 horas, que formou a 20 profesionais (o total de prazas ofertadas), durante os meses de setembro a novembro. O curso capacita para exercer o goberno e a dirección de buques de pesca, así como a organización das actividades extractivas, de conservación do produto e xefatura de máquinas.

• Curso de Mariñeiro/a Pescador/a – cunha duración de 50 horas. Participaron 11 persoas. Esta formación permitiulles obter as competencias necesarias para traballar como tripulantes subalternos en buques de pesca e embarcacións auxiliares de acuicultura.

• Curso de Actualización de Formación Básica en Seguridade Marítima – de 16 horas, integramente prácticas, no que tamén se completaron o total de prazas ofertadas (20 persoas). Os alumnos renovaron as súas competencias en supervivencia no mar, prevención e loita contra incendios, segundo a normativa STCW.

Fonte Confraría de Pescadores de Cedeira

O transcurso destas accións formativas foi moi positivo, destacando o alto grao de aproveitamento, a implicación do alumnado e a relevancia dos contidos para o desenvolvemento profesional no sector.

A Confraría de Pescadores de Cedeira traballa nas acción formativas da próxima anualidade e para iso, lanza un cuestionario de satisfacción: tanto para as persoas que participaron no programa formativo, para que poidan valorar a experiencia, como para aquelas persoas que non participaron nesta ocasión, para que poidan valorar que formacións estarían interesadas en cursar.

Fonte Confraría de Pescadores de Cedeira

Pódese acceder ao cuestionario de valoración a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc5s2s_O173rov3ZYFseVKJUCifQaA _xbDwaJWMxPuK6PUT1A/viewform?usp=dialog

 

Lea también

Casi 5.800 candidatos en la última convocatoria de Navantia Ferrol optan a 66 plazas

La última convocatoria de empleo para Navantia Ferrol ha generado una respuesta masiva, con 5.781 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *