Cerdido celebra una nova edición do ‘Día do Maior’

O Concello de Cerdido celebrou este sábado unha nova edición do “Día do Maior”. O encontro tivo lugar na área recreativa de O Castro e reuniu numerosa veciñanza nun ambiente de convivencia interxeracional.

A programación incluíu a obra teatral da Rede Cultural, Teatro Migallas: “Falemos coma galegas”, unha chocolatada para todas as persoas asistentes e a actuación musical do Dúo Boreal, que puxo o broche á xornada. Realizouse ademáis un sorteo de plantas de Pascua doadas por Invernadoiros Cupeiro.

Durante o acto entregouse un recoñecemento especial á persoa máis lonxeva presente no evento, Consuelo da Rocha, de 98 anos.

O Concello destacou a colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Cerdido “AlbarQuercus”, cuxo compromiso e implicación resultaron fundamentais para o éxito da celebración.

Lea también

Una docena de familias nedenses han recibido en lo que va de año ayudas municipales a la natalidad

El Ayuntamiento de Neda otorgó en los primeros nueve meses del año un total de …