O XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Tiro con Arco reúne a 78 deportistas

O pavillón da Gándara acolle este sábado 22 de novembro, o XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Tiro con Arco, presentado polo concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, xunto a Magdalena Abella e Anxo Grandal, presidenta e vicepresidente, respectivamente, do Club Arco Narón.
 
 
Na cita tomarán parte un total de 78 deportistas pertencentes a 14 clubs. A participación abrangue equipos das catro provincias galegas e mesmo un representante procedente de Cataluña. Ademais, en dez das trece categorías estarán presentes os actuais campións galegos. O torneo, organizado polo Club Arco Narón coa colaboración da Federación Galega de Tiro con Arco, a Concellería de Deportes e o Servizo de Deportes do Concello de Narón, disputarase en modalidade WA en sala e desenvolverase en dobre xornada.
 
Pola mañá competirán as categorías de base —Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil (U15) e Cadete (U18)— con inicio da primeira serie ás 09.25 horas. Na sesión de tarde será a quenda de Júnior (U21) e Sénior (Absoluta), que dará comezo ás 14.25 horas. Todos os participantes deberán completar o round clasificatorio con dúas series de 30 frechas en tandas de tres, segundo a normativa RFETA.
 
Ademais da clasificación final do torneo, que se resolverá mediante encontros individuais, elaborarase unha clasificación do round separada por categorías que será remitida á Federación Galega.
 
O Club Arco Narón outorgará un Trofeo Especial ás mellores puntuacións do round sobre diana tripla vertical, tanto en recurvo como en composto. Ademais, a organización garante podio para os tres primeiros postos de cada categoría.

Lea también

Derbi gallego importante para el Valdetires Ferrol este sábado en Esteiro

Partido marcado en rojo en el calendario del Valdetires Ferrol el que tendrá este sábado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *