Calendario solidario dos bombeiros de Narón para a investigación da síndrome de Rett

A Asociación Deportiva Cultural Bombeiros Narón presentou este xoves o calendario solidario “O océano de Julieta 2026”

Fuente.-Concello de Narón

O acto contou coa presenza de Julieta, a gran protagonista do proxecto; o Concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona; o Inspector xefe do SPEIS Narón, Adrian Fraga; o Presidente da A.D.C. Bombeiros Narón, Luis García e a nai de Julieta, Lucia García. Tamén asistiron a fotógrafa Noelia Soto e o membro da asociación Carlos Doval, como impulsor do proxecto.

Julieta é unha nena de 22 meses que padece síndrome de Rett, unha enfermidade neurolóxica rara que afecta principalmente a nenas e provoca a perda progresiva de habilidades como falar, camiñar ou comer de forma independente. Bombeiros de Narón lanzan este calendario solidario co obxectivo de apoiar a investigación e mellorar a calidade de vida de Julieta e doutras nenas coa mesma enfermidade.

Desde o seu inicio, o calendario solidario ten contado coa participación desinteresada de varios profesionais. Entre eles, a edición e fotografía de Noelia Soto ou a Cooperativa Gráfica Sacauntos encargada da impresión. Así mesmo, recibiu o apoio das empresas MaSSevoluo, Tyche Narón, Cooperativa O Val, Arrecendo, Vibra Açaí Club, Café Ronnie, Australian, A Roldana e Ferretería Freixeiro, que financiaron os custes de impresión do calendario, ademais doutras empresas e particulares que, de maneira anónima, tamén quixeron colaborar mediante as súas doazóns.

O calendario solidario “O océano de Julieta” ten un prezo de 10€ e todos os fondos recadados doaranse de maneira íntegra á Asociación Mi Princesa Rett, entidade que financia proxectos de investigación no hospital San Juan de deus de Barcelona, centro pioneiro en ensaios clínicos sobre a síndrome de Rett.

Os exemplares, que xa están á venda, pódense mercar no propio parque de bombeiros e en ata 15 puntos de venda na zona de Ferrolterra, que poden consultarse nas redes de bombeiros Narón.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …