Valdoviño acolle a mostra “Anhelos: deconstrución da masculinidade tradicional”

A casa da cultura de Valdoviño acolle durante todo o mes de novembro a exposición “Anhelos: deconstrución da masculinidade tradicional”. Chega ao municipio froito dunha nova colaboración co Concello de Sober, que impulsa esta mostra itinerante integrada por preto dunha vintena de fotografías da artista María Fernández protagonizadas por homes e mulleres, a maioría veciños e veciñas de Sober e localidades próximas.

O proxecto dá continuidade a “Inmarcesibles” que o público de Valdoviño puido visitar o pasado ano por estas datas. Daquela, poñíase o foco de atención sobre a beleza real feminina, namentres que en “Anhelos” dáse visibilidade a homes que non se encadran no modelo clásico de masculinidade, invitando á reflexión sobre a identidade masculina, e como o proceso de socialización sitúa aos homes baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional.

Incluída na programación “Somos e Contamos” deseñada polo Concello de Valdoviño para conmemorar o 25N, poderá visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 19 horas.

Lea también

Valdoviño apela a un consumo responsable da auga ante a situación do encoro das Forcadas

Está ao 66% da súa capacidade, o nivel máis baixo dos últimos 25 anos. O …