O Concello das Pontes será o escenario o martes 9 de decembro de 2025, dunha sesión formativa presencial organizada pola Federación Autismo Galicia, no marco do proxecto “Eliminación de Barreiras: xerando entornos amigables co autismo”, subvencionado pola Deputación da Coruña, que leva anos impulsando accións de sensibilización, formación e adaptación de contornas, co obxectivo de romper barreiras e facilitar a participación plena das persoas con autismo na vida comunitaria.

A iniciativa busca mellorar a accesibilidade cognitiva de contornas e servizos, promovendo a inclusión das persoas con autismo e de quen presenta dificultades cognitivas ou de comunicación en actividades comunitarias, culturais, deportivas e de ocio.
A formación celebrarase na Aula Polivalente da Casa Dopeso (2º andar, Rúa Rosalía de Castro, 28) de 18:00 a 20:00 horas, cunha duración de dúas horas. Durante a sesión, ofrécense estratexias prácticas para aplicar criterios de accesibilidade cognitiva en espazos e servizos públicos, contribuíndo a crear contornas máis comprensibles e accesibles para todas as persoas.
A actividade está especialmente dirixida a profesionais dos ámbitos público e privado, promotores, coordinadores e monitores de actividades de lecer, cultura e deporte, persoal que presta atención ao público. O prazo de inscrición pecha o 3 de decembro.
O proxecto “Eliminación de Barreiras: xerando entornos amigables co autismo”, subvencionado pola Deputación da Coruña, leva anos impulsando accións de sensibilización, formación e adaptación de contornas, co obxectivo de romper barreiras e facilitar a participación plena das persoas con autismo na vida comunitaria.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
