El ciclo de teatro de títeres Festea presenta en Ferrol «A danza dos medos»

A compañía Teatro Escena chega este sábado ás 18:30 horas á Capela do Torrente Ballester coa obra A danza dos medos. Trátase dunha proposta para público infantil, a partir de cinco anos de idade.

Dirixida por Jorge Rey, conta a historia dos medos máis simpáticos e divertidos que se poidan imaxinar, que xogan entre eles para contar historias e convidar aos espectadores a descubrir as emocións e os desexos que as personas teñen nas diferentes etapas da súa vida. O nacemento, a infancia, a adolescencia, e por suposto, a vellez estarán habitados por persoeiros extraordinarios, monicreques de moitas formas e técnicas, para darlle vida a A danza dos medos.

O elenco está formado por Luis Iglesias (que tamén é o compositor da obra), Lara Pouso, Olalla Suárez, Adela Bertolo, Carlota Rojo e Martín Blanco. A obra forma parte da 10ª edición do ciclo gratuíto de teatro de monicreques e obxectos dirixido á infancia FESTEA, que se prolongará ata o vindeiro 30 de novembro.

Este ciclo pertence á Rede de Festivais Internacionais de Teatro de Títeres e Obxectos de Outono.

Lea también

La Xunta reclama que se valore el impacto socioeconómico de la angula frente al «sesgo medioambientalista»

La conselleira do Mar ha defendido este viernes en Ferrol la «pesca responsable» del sector …