Programación especial en Neda co gallo do 25N

O Concello de Neda presenta a súa programación especial co gallo do 25N Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

A oferta inclúe accións reivindicativas, formativas e de sensibilización, e se complementa coa oferta cultural municipal. Entre as propostas, a tradicional Marcha polo bo trato e un novidoso taller de autocoñecemento para o cambio.

A programación deseñada dende a administración local arrincará o vindeiro luns 17 a partir das 8:30 horas, cunha charla, destinada ao alumnado do IES Fernando Esquío. A sesión leva por título “Sementes de cambio. Erradicando a violencia sexual” e chega á localidade, grazas á pertenza á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

Sete días despois, o luns 24 terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 16:30 horas, a primeira entrega do “Obradoiro de autocoñecemento para unha vida sa”, que terá continuidade os días 1 e 15 de decembro. Unha proposta, dirixida pola antropóloga social e docente universitaria en temas de autocoñecemento, sexualidade e relación humanas Roxana Volio, para a que será preciso inscribirse.

O propio 25 de novembro, a partir das 10.30 horas, terá lugar unha cita habitual.

Trátase da Marcha polo bo trato, unha andaina a prol da igualdade que une nas rúas de Neda a alumnado dos centros educativos locais, á que se convida a participar á veciñanza que o desexe. Un percorrido entre o albergue de peregrinos e a Casa do Concello, onde se garda un minuto de silencio polas vítimas, tras o que se inicia na Casa da Cultura un acto coas reflexións dos estudantes sobre a temática. Pola noite, a fachada da Casa Consistorial a tradicional iluminación conmemorativa.

E ademais, no marco da oferta cultural municipal, o venres 21, a partir das 20:30 horas, chegará á Casa da Cultura, dentro do ciclo “Tempo para o Teatro”, a obra “Vitória. Retrato dunha denuncia” de Iria Pinheiro, unha peza autobiográfica sobre o acoso sexual. E dende o próximo luns, a biblioteca contará cun centro de interese sobre a igualdade de xénero.

O programación municipal con motivo do 25 N é posible cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e coas colaboracións de Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Lea también

Ortigueira cierra el ejercicio de 2025 con un período medio de pago de 10,08 días

Una bajada considerable desde el primer trimestre del año, pasando de 71,98 días a 10,08. …