A AVV Ultramar, Ferrol, organiza un curso homologado de primeiros auxilios e uso de DESA

A formación é gratuíta e conta co apoio da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol.

A Asociación Veciñal Ultramar vén de anunciar a posta en marcha dun curso homologado de primeiros auxilios e iniciación ao uso de desfibriladores semiautomáticos (DESA), aberto á participación da veciñanza. A actividade ten carácter gratuíto, grazas á cofinanciación da AVV Ultramar e da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol.

O curso terá como obxectivo formar ás persoas asistentes nas técnicas básicas de atención ante emerxencias sanitarias, tanto no ámbito doméstico como comunitario. Entre os contidos inclúense:

Avaliación inicial da vítima e activación dos servizos de emerxencias. Reanimación cardiopulmonar (RCP) básica. Atención a hemorraxias, queimaduras, golpes e feridas. Actuación ante atragoamentos e perdas de consciencia e introdución ao uso seguro do desfibrilador externo semiautomático (DESA).

A actividade levarase a cabo o domingo 30 de novembro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da entidade na rúa Sartaña, 20. A formación estará impartida por persoal cualificado e acreditado, e ao rematar o curso as persoas participantes recibirán o certificado oficial homologado correspondente.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 981 372 743 ou escribindo un correo a avvultramar@gmail.com.

Lea también

Una mujer ha tenido que ser evacuada al hospital tras sufrir un atropello en la Avenida de Esteiro de Ferrol

Una mujer AML. B.P., de 68 años de edad, ha tenido que ser evacuada al …