A Agrupación Socialista de Ferrol lembra a Pablo Iglesias cunha exposición no Ateneo

A mostra, composta de 26 paneis, repasa a vida e a obra do fundador do PSOE con motivo do centenario da súa morte, que se conmemora o vindeiro 9 de decembro.

Ateneo Ferrolán

A Agrupación Socialista de Ferrol abrirá este mércores, 12 de novembro, unha exposición a través da que lembra a figura do fundador do PSOE, Pablo Iglesias, nacido na cidade hai 175 anos e de cuxo falecemento se conmemorará o centenario o vindeiro 9 de decembro. A mostra poderá visitarse no Ateneo Ferrolán, que cedeu o espazo para a instalación dos 26 paneis que a compoñen. 

A inauguración, aberta ao público, está programada para as 19.30 horas. Nela intervirán os secretarios xerais do PSdeG-PSOE de Ferrol, Ángel Mato, e de Vilagarcía, Julio Torrado. As pezas que forman parte da exposición foron cedidas pola Agrupación vilagarciá, que as elaborou a partir de información facilitada pola Fundación Pablo Iglesias.

O acto contará coa participación das historiadoras Carmen Fernández Casanova e Esperanza Piñeiro, que teñen estudado en profundidade a figura do pai do socialismo en España. Entre outros traballos, Fernández Casanova coordinou “Estudios sobre Pablo Iglesias y su tiempo”, mentres que Piñeiro é coautora de “Pablo Iglesias en Ferrol”, investigacións ambas publicadas en 2013.

Lea también

El centro cultural Torrente Ballester se convierte en el primer gran museo de Ferrol

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, y el conselleiro de Cultura, José López …