As Pontes conta cun novo espazo multideporte no poboado da Magdalena

A veciñanza das Pontes xa pode desfrutar dun novo espazo multideporte no Poboado da Magdalena, recentemente creado polo Concello das Pontes para ofrecer un lugar de lecer, deporte e convivencia.

O alcalde, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Xuventude, Lorena Tenreiro, visitou a instalación para supervisar o resultado final e falar cos veciños que xa fan uso da nova pista.

O alcalde Valentín González Formoso destacou durante a visita: “Con esta actuación respondemos a unha demanda histórica da veciñanza da Magdalena e de toda As Pontes. Estenovo espazo multideporte mellora o lecer, o deporte e a convivencia no barrio, facendo que sexa máis inclusivo, seguro e accesible. É unha mostra do compromiso do Concello das Pontes coa transformación dos espazos públicos ao servizo da veciñanza.”

“Estamos moi satisfeitos de que a veciñanza poida desfrutar dun espazo moderno e funcional. O noso obxectivo é seguir fomentando a actividade física, o ocio saudable e a integración de todas as idades no barrio.” engadiu o rexedor local.

A obra foi adxudicada á empresa pontesa Huso 29 cun investimento de 181.427 euros, co financiamento da Deputación da Coruña. O proxecto tiña como obxectivo mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade dunha das prazas interiores do Poboado da Magdalena mediante a instalación dunha pista multideporte e a remodelación da súa contorna.

A pista, de 20 metros de longo por 10 metros de ancho, permite a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán. Conta cunha estrutura en tramex de cores variadas, dúas porterías nos lados curtos, taboleiros de baloncesto e dous taboleiros de minibasquet. A contorna remodelouse en formigón armado de cor similar á da praza principal do poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras.

Nos itinerarios peonís arredor da pista e nas traseiras das edificacións próximas, colocouse un novo pavimento e substituíronse as tapas de rexistro de servizos, garantindo accesibilidade total e eliminando barreiras físicas. A intervención aplicou criterios de ergonomía e seguridade, creando un espazo inclusivo e seguro para todas as persoas.

A rede de iluminación ampliouse con novos farois LED, garantindo eficiencia enerxética e mellor visibilidade para a práctica deportiva. Ademais, o mobiliario urbano instalouse con materiais sustentables, reciclables e madeiras certificadas.

Con esta actuación, o Poboado da Magdalena consolídase como un barrio máis activo, accesible e sostible, no que toda a veciñanza de As Pontes pode desfrutar dun espazo pensado para todas as idades e capacidades.

Lea también

Un centenar de vecinos en Neda participa en la merienda de Navidad de los mayores

  Los mayores de Neda comenzaron la Navidad una vez más, de la forma más …