Náufragos Teatro e AGADIC pon en escena no teatro Jofre en Ferrol a obra Noso

As entradas xa poden adquirirse a partir de oito euros na billeteira do Jofre e Ataquilla.

A compañía Os Náufragos Teatro porá en escena este sábado ás 20:30 horas no teatro Jofre a obra Noso, dirixida por Gustavo del Río e protagonizada por Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmy Núñez e Sete Eiroa. Trátase dun drama de 75 minutos de duración, interpretado en galego e dirixido a público maior de 14 anos de idade.

Noso está coproducida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e narra a historia de Nicolás, que reúne á súa familia para despedirse do espazo que os víu crecer: a casa familiar. Unha construcción que está unida a un pequeno ultramarinos/bar que rexentaban os seus pais e agora é habitada por él, aínda que por pouco tempo.

O lugar foi expropiado e próximamente se procederá ó seu derribo e posterior construcción dun parque eólico.

As lembranzas do pasado, as relación entre irmáns e a necesidade de mirar cara adiante fan da nova produción de Os Náufragos Teatro e AGADIC unha “dramedia” familiar que fala do noso dende o rural deshabitado.

As entradas, a oito euros, xa están dispoñibles na billeteira do teatro Jofre e en Ataquilla.

Lea también

Blues do País actuará este jueves en el Torrente Ballester dentro del ciclo ‘Os Xoves da Capela’

El ciclo cultural ‘Os Xoves da Capela’ traerá este jueves a Ferrol la actuación de …