Neda estrea unha nova edición do seu ciclo cultural “Tempo para o teatro”

O Concello de Neda programa un novembro máis “Tempo para o teatro”. O ciclo, que conta co apoio da Deputación da Coruña, traerá á Casa da Cultura, a partir da vindeira semana, espectáculos de primeiro nivel de compañías galegas. Cada venres, a partir das 20.30 horas, unha proposta.

Abrirá o cartel “Testosterona”, unha comedia de Malasombra Producións, protagonizada por Luis Iglesia e Camila Bossa. Será o próximo día 14. A obra, que adapta o texto da autora mexicana Sabina Bernan, reflexiona, dunha forma sorprendente, sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo.

Sete días máis tarde será a quenda de “Vitória”, unha peza autobiográfica, que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro ao interpoñer unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A obra reconstrúe a historia, intercalando a documentación xudicial do proceso coa ironía característica do cabaré.

Completa a programación “Neura” comedia romántica da compañía De ste xeito , que aborda o tema da saúde mental. Na peza, que o público poderá desfrutar en Neda o 28 de novembro, dous “ex” volverán poñer a proba, por circunstancias da vida, a compatibilidade das súas neuras, tras evolucionar por separado e pasar por diferentes terapias e pseudoterapias.

A reserva e venda de entradas para os diferentes espectáculos, que terán un coste de 2 euros, realizarase de luns a venres de cada semana na biblioteca municipal (horario: de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas).

Lea también

Las oficinas de turismo de Ferrol rozaron los 3.000 visitantes durante el mes de abril

Las oficinas de turismo de Ferrol registraron cerca de 3.000 visitantes durante el pasado mes …