Festea trae a Ferrol a obra ‘Un mundo perfecto’

A peza reflexiona sobre a necesidade de comprender aos demais, e de chegar a un acordo a través da escoita e da empatía. A compañía Hilando Títeres representará este sábado 8 ás 18:30 horas no Centro Cívico de Caranza a obra Un mundo perfecto, dirixida a nenos a partir de tres anos de idade e con entrada libre.

Dirixida por Guillermo Gil Villanueva e interpretada por Mar Gasco García, conta a historia da doctora Lubina Fernández, que investiga en África a orixe dos ríos, as montañas e os bosques.

“A vida comenzou en África, segundo os Ubuntu, que aseguran que as primeiras especies en habitar a terra foron as cebras. Logo chegaron as xirafas, o león, o hipopótamo… Cómo sería un mundo perfecto, no que todos puidesen convivir?” Esta é a reflexión que se lanza na obra, ao tempo que reflexiona sobre a necesidade de comprender ao outro, de chegar a un acordo a través da escoita e da empatía.

Esta historia inspírase no conto El Congreso de los sabios tontos do autor chileno Saúl Schokolnik.

Un mundo perfecto forma parte do ciclo gratuíto de teatro de monicreques e obxectos dirixidos á infancia Festea, que se prolongará ata o 30 novembro, con funcións no Centro Cultural Torrente Ballester, o Centro Cívico de Caranza e o teatro Jofre.

Lea también

Neda estrea unha nova edición do seu ciclo cultural “Tempo para o teatro”

O Concello de Neda programa un novembro máis “Tempo para o teatro”. O ciclo, que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *