A Deputación da Coruña aproba o convenio con As Pontes para a construcción da CAM da provincia

Será a primeira das tres Casas de Acompañamento aos Maiores que a Deputación pretende construír na provincia, baseadas nun modelo innovador que aposta por unha atención máis proxima e máis aberta á comunidade. O Concello das Pontes cede os terreos do antigo colexio Pardo Bazán Deputación asumirá a construcción da CAM das Pontes cun investimento de 6 millóns de euros.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou cos votos a favor de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e a abstención do Partido Popular, o convenio co Concello das Pontes para a cesión dos terreos, a construción e posta en funcionamento da Casa de Acomapñamento ás Persoas Maiores (CAM) das Pontes, que será o primeiro centro do novo modelo residencial que a institución provincial planea implantar tamén en Rianxo e Ordes.

O presidente provincial e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, explicou que ademáis da cesión dos terreos nos que se asenta o antigo colexio Pardo Bazán á Deputación, o Concello das Pontes sufragará tamén o derribo do inmoble existente, mentres que a Deputación financiará con 6 millóns de euros a construción da nova residencia, cuxas obras están previstas para iniciarse no ano 2026.

“Grazas á colaboración entre administracións, por fin se fai realidade un proxecto socialmente moi demandado. A Casa de Acompañamento non só permitirá que as persoas maiores permanezan no seu entorno habitual, evitando situacións de desarraigo e illamento, senón que tamén será a primeira pedra dun novo modelo de atención aos maiores que queremos ir estendendo na provincia”, sinalou González Formoso.

O presidente provincial salientou tamén o impacto económico e social do proxecto: “Falamos da creación directa de 70 empregos e dunha inversión por parte da Deputación da Coruña superior aos 30 millóns de euros durante os próximos 30 anos”

A CAM pontesa será a primeira das tres que prevé pór en marcha a Deputación, xunto cos futuros centros de Ordes e Rianxo. As CAM están baseadas nun novo modelo residencial que aposta por unha atención máis próxima e máis aberta á comunidade, unha alternativa ao sistema actual, marcado moitas veces pola masificación, a despersonalización e por custes demasiado elevados para as familias.

Neste sentido, o proxecto das CAM basearase no chamado modelo de quinta xeración, inspirado en experiencias avanzadas de países do norte de Europa. Trátase de centros pequenos e humanizados, organizados en unidades convivenciais que reproducen un fogar, abertos á comunidade, integrados no territorio e centrados na persoa. Cada unidade busca respectar a autonomía, os vínculos sociais e afectivos e a calidade de vida das persoas maiores.

As CAM da Deputación da Coruña pretenden dar resposta a esta realidade cun enfoque moderno e humanizado, que aposta pola atención centrada na persoa, a autonomía, a calidade de vida e a proximidade. Non serán só residencias, senón centros integrais de acompañamento baseados nun modelo innovador, máis sensible e máis cercano. Un modelo que complementa ao existente e que pretende integrar á sociedade do entorno mediante centros abertos á comunidade, onde poda haber convivencia entre xeracións, máis parececidos a un fogar que a un hospital.

A cesión do antigo colexio Pardo Bazán representa un paso decisivo para a Deputación na implantación deste modelo pioneiro en Galicia

59 prazas divididas en catro unidades convivenciais

En canto a datos concretos, a residencia de As Pontes contará con 59 prazas organizadas en catro unidades de convivencia, concebidas como pequenos fogares, con habitacións amplas e espazos abertos, cociña, salón, baño propio, acceso ao exterior e incluso decoración personalizada. Contará ademais con xardíns terapéuticos, espazos de reunión familiar e a posibilidade de convivir con mascotas, buscando un modelo máis próximo ao fogar que á institución tradicional.

A cesión do antigo colexio Pardo Bazán representa un paso decisivo para a Deputación na implantación deste modelo pioneiro en Galicia, que tamén incorporará tecnoloxía asistencial de vangarda, como sensores de presenza e confort ambiental (luz, ruído, temperatura), sistemas de prevención de caídas, localización intelixente, monitores biométricos ou telemedicina e favorecerá a creación de emprego local.

Lea también

La Xunta vigila el caudal de 15 ríos debido al riesgo de posibles inundaciones

La Xunta mantiene activo el Plan Especial ante el riesgo de inundaciones en Galicia (Inungal), …