O Concello de Valdoviño amplía a rede de espazos cardioprotexidos cun equipo DESA no campo de fútbol de Meirás

A día de hoxe, o municipio conta con máis dunha vintena de equipos situados en outros tantos emprazamentos das 8 parroquias.

O alcalde, Alberto González, supervisaba a instalación xunto aos concelleiros de Deportes, Sergio Saavedra, e Servizos, Benito Vega.

O Concello de Valdoviño continúa ampliando a rede de espazos cardioprotexidos da localidade, e estes días, procedía á instalación dun novo equipo DESA no campo de fútbol Misael Prieto de Meirás. Deste xeito, avanza no seu obxectivo de sumar emprazamentos estratéxicos, de modo que o tempo de acceso a estes equipos por parte da veciñanza non exceda os 5 minutos, o máximo de actuación que concede a cadea de supervivencia.

O alcalde, Alberto González, que supervisaba a instalación xunto aos concelleiros de Deportes, Sergio Saavedra, e Servizos, Benito Vega, agradecía a colaboración do Meirás CF para activar este novo punto, integrado por desfibrilador, vitrina, sinaléctica, kit de reanimación e placa identificativa.

Deste xeito, o equipo incorpórase a unha rede formada por outros emprazamentos estratéxicos como o Punto de Atención á Infancia-Aula da Natureza, as escolas unitarias de Taraza, Vilarrube e Lago; a casa consistorial, a casa da cultura; o centro sociocomunitario de Valdoviño, o local social de Sequeiro -sede da Escola de Música-, o local social de Loira -sede da Aula de Artes Plásticas-, o local social de Vilaboa -sede da Aula de Cerámica-; as casetas de socorrismo das praias do Río e Campelo en Meirás, de Vilarrube, do Baleo e Pantín, e Frouxeira; no pavillón municipal, no centro As Forcadas, no campo de fútbol de Mourente e na piscina municipal de Lago.

Ademais, a Policía Local conta cun equipo propio adaptado ao seu vehículo, e o Concello entregáballe un en idénticas condicións á Garda Civil. A relación complétase co do CPI Atios, cuxa instalación impulsaba hai anos a ANPA Beiramar a través dunha campaña solidaria que contou coa colaboración do propio Concello e a implicación de toda a veciñanza.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …