Neda licita as obras de renovación do abastecemento e saneamento do Carreiro

O Concello de Neda vén de licitar as obras de renovación do abastecemento e saneamento na rúa O Carreiro. A intervención, na que a administración local investirá un máximo de 82.297 euros, con cargo ao POS+ 2025 da Deputación da Coruña, completa a posta a punto dos servizos básicos realizada en estradas veciñas como Xerardo Luaces e a conexión entre Albarón e a Mourela.

Rúa O Carreiro- Neda

O proxecto aposta por dotar a esta vía pública dunha nova rede de subministro de auga, que substitúa á actual, executada na súa maior parte en fibrocemente e con avarías frecuentes. Instalaranse novas tubaxes de polietileno, e renovaranse as acometidas domiciliarias que non cumpran os estándares fixados. A rede actual manterase operativa en tanto duren os traballos.

En paralelo, procederase á substituír os tramos de canalizacións de saneamento que se atopan deteriorados polo paso dos anos. Para o correcto funcionamento será preciso ademais instalar tres pozos de rexistro e realizar o entroncamento coa rede existente.

Rúa O Carreiro, bifurcación.- Neda

A intervención- moi demandada pola veciñanza- completarase coa reposición do pavimento asfáltico e tamén o dos treitos de beirarrúas existentes, que se resolverán con formigón para uso peonil, ademais da correspondente sinalización horizontal e vertical.

As empresas interesadas en facerse cos traballos dispoñen de prazo ata o 11 de novembro para presentar ofertas. Os pregos de condicións poden consultarse no perfil de contratante do Concello na Plataforma de contratación do sector público.

Lea también

O PSDEG reclamará no Parlamento Galego un instituto para Valdoviño

O alcalde socialista Alberto González lamenta que «Valdoviño leva toda a vida tendo que trasladar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *