La Xunta concedió cerca de 240 mil euros del Fondo de Compensación Ambiental a proyectos en As Pontes

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou na mañá deste venres o Concello de As Pontes onde supervisou as actuacións acometidas con cargo á axuda do Fondo de Compensación Ambiental (FCA)
da liña non competitiva concedida este ano pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Esta achega autonómica, que ascendeu a 239.936,26 euros, concedeuse para os proxectos de conservación da zona de servidume na ribeira dos ríos e do lago das Pontes e de eficiencia enerxética no alumeado público.

No caso do primeiro, incluíu a execución de actuacións de mellora do estado ambiental e funcionamento hidráulico das canles fluviais dentro da zona urbana do municipio -ríos Eume, Chamoselo, Brixeo e no regato dos Covelos– e do contorno do lago, co obxecto de acondicionar as súa marxes mediante a limpeza de vexetación e a retirada de obstáculos como poden ser árbores desequilibradas próximas aos ríos.

Novo camión para Cedeira

Posteriormente, a delegada desprazouse ao Concello de Cedeira, outro dos municipios do ámbito territorial beneficiarios das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial.

Neste caso, acompañada polo alcalde, Pablo Moreda, coñeceu a última incorporación ao parque de maquinaria municipal. Trátase dun camión con caixa basculante en aluminio e grúa incorporada que se destinará a tarefas de protección do Medio Ambiente. A achega autonómica ascendeu a 88.116,24 euros e ademais de destinarse á adquisición deste vehículo, permitiu sufragar a contratación de persoal.

A delegada territorial lembrou que As Pontes e Cedeira son dous dos 11 municipios do ámbito territorial, xunto aos de A Capela, Cariño, Mañón, Monfero, Narón, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño, beneficiarios este 2025 da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que deixou na zona máis de 856.000 euros en axudas.

 

Lea también

O Coworking A Capela acolleu unha reunión técnica de coordinación da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña

A reunión de coordinación dos centros serviu para para definir o futuro a medio e …