As demandas de ruptura matrimonial disminúen en Galicia un 18,7 % no segundo trimestre de 2025
No segundo trimestre de 2025 rexistráronse en Galicia 1.154 demandas de ruptura matrimonial (separacións, divorcios e nulidades), fronte ás 1.419 do mesmo período do ano pasado, o que supón un descenso do 18,7 %, mentres que, a nivel estatal, baixaron un 16,7 %. Na comunidade, por cada 100.000 habitantes, contabilizáronse, no período estudado, 42,6 demandas, fronte ás 43,9 de media estatal.
Os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial reflicten un descenso de todos os tipos de demandas de ruptura matrimonial, excepto das separacións consensuadas, que aumentaron un 21,1 % respecto ao mesmo período de 2024, pois pasaron de 19 a 23.
Os órganos xudiciais de Galicia rexistraron entre abril e xuño 11 demandas de separacións non consensuadas, un 15,4 % menos que nas mesmas datas do ano anterior.
Os divorcios consensuados pasaron de 809 a 764 -un 5,6 % menos-, mentres que dos non consensuados contabilizáronse 356, un 38,4 % menos que no mesmo período de 2024. Entre abril e xuño non se rexistrou ningunha nulidade matrimonial.
Procedementos de modificación de medidas en procesos de separación e divorcio e de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais
No período analizado presentáronse 207 demandas de modificación de medidas consensuadas, o que supuxo un aumento interanual do 8,4 %. As demandas de modificación de medidas non consensuadas, con todo, descenderon, pois se interpuxeron 385, un 26,9 % menos.
As modificacións de medidas de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais consensuadas, 289, mostraron unha baixada interanual do 7,7 %, mentres que as non consensuadas, 266, descenderon un 27,3 %.
Os datos estatísticos do segundo trimestre de 2025 e as series completas desde 2007 están dispoñibles na seguinte dirección: